Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 68 - Sentenzas...

Outono 2012

CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas

Artigos da revista CERNA Nº 68

O sangue de Galiza

Luis Díaz Cabanela

Páx. 24-26

Vivimos nunha terra fisterrá, atlántica, europea. A nosa historia foi poboando esta terriña con homes e mulleres de diferentes razas que chegaron en diferentes vagas, até forxar o que hoxe é o pobo galego. Mais, quen era esa xente? De onde viña? A resposta está na xenética de poboacións que está permitindo reconstruír as grandes migracións da humanidade. Neste artigo analizaremos as diferentes vagas de poboación que chegaron a Galiza. Trátase dunha interpretación baseada nos datos publicados sobre os haplogrupos da poboación galega e en datos históricos.

Os ursos da cova de Eirós

Aurora Grandal d’Anglade e X. R. Vidal Romaní

Páx. 27-28

O xacemento paleontolóxico de Eirós, actualmente dentro do perímetro dunha canteira en Triacastela, trátase da primeira urseira galega estudada dun xeito científico pola paleontóloga Aurora Grandal d’Anglade quen, na súa tese de doutoramento (1993), demostrou que o xacemento de urso das covas (Ursus spelaeus) máis occidental de Europa estaba situado en Galiza.

A mobilidade na comarca da Coruña

Amancio Sotillo

Páx. 29-30

A comarca da Coruña adoece de políticas de mobilidade sustentábeis. A plataforma pola mobilidade da Coruña chama a atención sobre este aspecto e a necesidade de impulsar outros modelos de desprazamento na bisbarra e na propia cidade, na cal circulan a diario unha media de 150.000 vehículos motorizados. Outros problemas que se observan son: saturación das vías, contaminación acústica e por emisión de gases de efecto invernadoiro (CO2), problemas de saúde pola contaminación atmosférica, acaparación do espazo urbano polos vehículos en detrimento das persoas, grave afección ao medio ambiente, etc.

Viseu: unha cidad sustentábel

Xan Carlos Fernández

Páx. 31

Propoñemos ás persoas leitoras da revista Cerna unha viaxe ao Centro de Portugal, concretamente á capital do distrito da Beira Alta Interior. A cidade de Viseu foi de novo escollida pola Asociación para a Defensa dos Consumidores (DECO) portugueses como cidade con mellor calidade de vida polo seu planeamento e xestión municipal, a mobilidade e a calidade ambiental da cidade, entre outros valores.

Sobreiras do faro

CMVMC VILADESUSO (OIA) Rafael Lomba

Páx. 32-33

Tras a vaga de incendios de 2006, na que o lume arrasou co 100% dos montes de Viladesuso (Oia), os comuneiros e comuneiras deciden renovar o Plan de ordenación forestal, para evitar o brote desaforado das xestas e dos eucaliptos. Sen desprezar a produción forestal, abordáronse outras vías de explotación sostíbel do monte entre as que destaca a declaración das Sobreiras do Faro como Espazo Privado de Interese Natural (EPIN).

Xosé Antonio Diéguez

Por Belén Rodríguez

Páx. 34-36

Galiza acolle un potencial eólico de 6.500 MW, o equivalente á produción de seis centrais nucleares. Porén, o rédito que as empresas eólicas deixan no país é moi baixo, non só o medioambiental, senón tamén o social. Desde hai dez, a asociación Ventonoso de propietarios de terreos eólicos está traballando para esixir que os beneficios que acadan as eléctricas á costa do noso vento e as nosas terras repercuta de xeito xusto na renda dos habitantes do rural. Xosé Antonio Diéguez é o presidente de Ventonoso.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal