Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 71 - Outra xestión...

Primavera 2014

CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel

Artigos da revista CERNA Nº 71

Recursos 71

Ramsés Pérez

Páx. 4-5

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambienteCerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as as nosas recomendacións desta edición.

A suba da taxa do lixo por SOGAMA, unha oportunidade para mellorar a actual xestión?

Cerna/Redacción

Páx. 6-8

A suba da taxa do lixo por parte de SOGAMA, nun 34% e de golpe, maniféstase como unha inxustiza máis que agravará as economías dos concellos e da cidadanía. Aquí expóñense algunhas das alternativas que andan a artellar os concellos máis críticos.

Foro Europeo: Cara unha sociedade da reciclaxe. Iniciativas e experiencias

María Lafuente

Páx. 9-11

Dentro da súa campaña de residuos, ADEGA organizou o I Foro europeo de residuos, co lema “Cara a unha sociedade da reciclaxe: iniciativas e experiencias”. O obxectivo foi dar a coñecer de primeira man sistemas alternativos á incineración que se están a levar a cabo, tanto no estranxeiro, como na Galiza. Ademais do público en xeral, foron convidados expresamente os responsábeis municipais de Galiza na materia, coa finalidade de implantar estes modelos nos seus concellos.

Decathlon pensa en verde. Un exemplo de boas prácticas ambientais en comercios

Irene Varela Vila

Páx. 12

Pensa en verde” é unha iniciativa que comezou na tenda de Decathlon A Coruña, aos poucos meses da súa apertura, para adquirir eficiencia e avanzar cara a un desenvolvemento máis sustentable, co aforro de auga, luz e a xestión separada dos residuos.

Pedro Trepat: “No xuízo do Prestige minimizouse o delito ambiental por unha especie de autocomplexo"

Por Belén Rodríguez/Cerna

Páx. 13-17

Pedro Trepat, xunto con Alejandro Martín e Miguel Ángel Fernández, foi o avogado que defendeu a causa da plataforma NuncaMáis no xuízo do Prestige. Define a sentenza do Prestige como decepcionante e xuridicamente pouco sólida, dada a transcendencia do tema e a súa complexidade e achaca a unha especie de autocomplexo que se minimizase o impacto ambiental da catástrofe. Neste texto tamén se recollen as primeiras reaccións de varios membros de Nunca máis ás portas da Audiencia provincial da Coruña tras coñecer o contido da sentenza do Prestige, o pasado 13 de novembro.

Contaminación dos ríos por fármacos. Contaminantes emerxentes

Mª Angeles Campello Ación

Páx. 18

É cada vez máis visible na sociedade a preocupación polas cuestións ambientais, e nela ocupan un lugar importante as relacionadas coa calidade da auga. Aínda que son moitos os contaminantes en augas estudados e sometidos a un control regular que nos permite saber os seus efectos sobre a saúde, existen moitos dos que non son coñecidas as consecuencias a longo prazo; son os chamados contaminantes emerxentes. Dentro destes atopamos os fármacos. Estes contaminantes non son novos, pero empézanse a facer os primeiros estudos que nos alertan da presenza de medicamentos nas augas que consumimos.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal