Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 52 - .

Verán 2007

CERNA Nº 52 - .

Artigos da revista CERNA Nº 52

Xornadas sobre a problemática do Courel. O primeiro paso: A transversalidade

Belén Rodríguez

Páx. 23

Todas as consellarías competentes na xestión do Courel tiveron representación na mesa de discusión sobre a procura de alternativas e solucións para a montaña courelá nas Xornadas “Por un Courel Vivo”. É a primeira vez que se produce un encontro deste tipo para reflexionar sobre a situación ambiental, económica e social do macizo oriental.

A tradición e a vida no Courel

Adela Figueroa Panisse

Páx. 24

A autora preséntanos un relato sobre a celebración da festa tradicional do serrado manual no Courel na que moita xente puido participar e aprender a dureza da sabedoría do oficio. A Asociación Fonte do Milagre organizou dita romaría coa axuda de SOS Courel e coa participación de ADEGA.

As canteiras a ceo aberto: ilegalidade e destrución

Daniel López Vispo

Páx. 25-26

Que o Courel é un espazo natural privilexiado de paisaxes e historia é algo evidente para calquera visitante. Pero O Courel, que participa da influencia das rexións bioxeográficas atlántica e mediterránea, é, por riba de todo, un espazo natural privilexiado pola súa diversidade de flora e fauna, de enorme interese ecolóxico e científico, e privilexiado tamén por toda a historia xeolóxica e xeomorfolóxica que se manifesta na súas pedras de lousa e caliza e nas moduladas formas da súa paisaxe: pregues tombados, glaciarismo, periglaciarismo, meandros abandonados, ríos escavados, ríos que se ocultan, fervenzas que espertan, covas, dolinas… en fin, milenios da historia da terra resumidos nun espazo que antergos poetas da toponimia chamaron Courel. E milenios tamén da historia da humanidade home moldeando esa paisaxe nun mosaico de múltiples espazos de alongada historia que hoxe aínda podemos admirar nas ruínas dos castros, nas pedras dos camiños, na enxeñaría das regas, nas feridas das minas, e, en fin, en todo o abundante patrimonio etnográfico de muíños, mazos, ferrerías e formas construtivas do Courel.

A paisaxe galega do interior transfórmase na do Douro portugués

Francisco Díaz-Fierros Viqueira

Páx. 29-31

A problemática do Cambio Climático non é nova. O primeiro que a tratou desde unha perspectiva científica foi Arrhenius que en 1896 formulou: “Se o contido do carbono na atmosfera se duplica, a temperatura do clima aumentará en 4°C”. Este dato é case unha rúbrica do último informe do Panel Internacional para o Cambio Climático (IPCC). Foi nos anos 1960-70 cando o problema do cambio climático comezou a transcender entre a comunidade científica. Nos anos 80 os termómetros rexistraron unha grande curva ascendente das temperaturas e, con este fenómeno, confluíron outros factores que fixeron mudar a opinión dos científicos, dos medios de comunicación e da opinión pública en xeral.

Entrevista a Francisco Díaz –Fierros: “Os problemas de comunicación máis graves están na ciencia”

Por Belén Rodríguez

Páx. 32

Francisco Diaz-Fierros Viqueira é catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola na Universidade de Santiago de Compostela. Profundo coñecedor da Galiza rural, da súa cultura e do medio natural galego, é presidente do Seminario de Estudos Galegos e vicepresidente desde 2002 do Consello da Cultura Galega. É tamén coñecedor do nacemento do movemento ecoloxista galego (foi presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e é colaborador de Cerna e ADEGA-Cadernos). Actualmente participa en diversas investigacións sobre o Cambio climático. É autor de A Cuestión ambiental en Galicia: raíces dunha nova cultura (Galaxia, Vigo 2006). O pasado xuño de 2007 conversamos con el para Cerna.

Incendios forestais e Banco de Terras

Alfredo Suárez Canal

Páx. 34-38

Os efectos do cambio climático abondan para xustificar cambios estruturais no eido forestal. Este artigo versará sobre dúas iniciativas lexislativas promovidas polo goberno bipartito no eido rural que se constituíron no primeiro chanzo doutros cambios futuros. Un deles, a Lei de incendios, coa súa valorización e coa súa relación cos asentamentos rurais. O outro, a Lei do Banco de Terras, ten que ver con poñer en valor todo o potencial agrario e gandeiro no noso país.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal