Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 55 - .

Verán 2008

CERNA Nº 55 - .

Artigos da revista CERNA Nº 55

Algo máis que Cambio Climático

Augusto Pérez Alberti

Páx. 22 - 24

O cambio climático é un tema que está collendo unha importante presenza nos medios de comunicación provocando inquedanzas nos cidadáns comúns que non entenden moi ben o que está pasando. Os cambios climáticos producíronse moitas veces ao longo da historia, máis o que nos debe preocupar é o rápido cambio climático provocado polos seres humanos que non permite a adaptación das especies. Ademais é imposible predicir o futuro, non sabemos se teremos un quecemento xeneralizado ou ben unha época de arrefriamento. Sería importante estudar o pasado para non cometer erros pase o que pase porque se o nivel do mar sube vai ser difícil que as construcións próximas a costa se salven ou se baixa que algúns portos queden obsoletos. Ademais, hai que traballar para crear un mundo sostible e non vale con cambiar as emisións de CO2 por residuos nucleares que nos traerán outros problemas.

Plan director de estradas. “Seguindo a política da avestruz”

Adela Figueroa Panisse

Páx. 25

Ven de presentarse o novo Plano Director de Estradas no que se prevé a construción de máis vías de alta velocidade, máis estas vías só as poden usar os vehículos motorizados que usan combustibles fósiles e emiten gases de efecto invernadoiro a atmosfera, ademais o prezo dos mesmos non para de subir até que sexa inaccesible xa que é un recurso cada máis escaso, entón non sería mellor apostar por outros medios de transporte coma os trens que eviten todos estes males?

Xornadas sobre transportes. Galiza no vagón de cola

Belén Rodríguez

Páx. 26 - 27

ADEGA puxo a debate a problemática dos transportes en Galiza como unha das principais fontes de contaminación difusa do país e factor determinante bo seu desenvolvemento económico e social. Foi nas xornadas sobre Transportes celebradas na capital luguesa os pasados 23 e 24 de maio, na cámara de comercio. A prevalencia do transporte por estrada, a falla dunha rede de camiños de ferro galega e a ausencia de políticas transversais que acaden consensos de carácter colectivo e sostíbel na materia, puxeron de manifesto a urxencia coa que é preciso abordar esta temática.

A recuperación dos ríos e ribeiras

Benxamín Cela

Páx. 28 - 29

ADEGA promoveu unha ILP para a protección de ríos e ribeiras, que foi apoiada pola federación Galega de Pescadores, esta foi aprobada en Xuño de 2006, máis permanece agochada porque non se avanza en absoluto na protección das nosas augas. As minicentrais, encoros, cultivos nas marxes do río e vertidos ilegais son unha constante nos nosos ríos sen que ninguén actúe. E por se fose pouco, as iniciativas que se toman dende a administración, nunca teñen en conta as persoas locais e propietarios, que deberían ser os máis implicados cando se trata dun ENP.

Asociación Vaipolorío. Todo en beneficio do río e do seu contorno

Gonzalo Sancho

Páx. 30 - 31

A asociación Vaipolorío que naceu no ano 2001, despois de que varias asociacións da zona preocupadas polo estado do río gafos decidisen involucrase e crear este colectivo co fin de promocionar, coidar defender limpar e manter o río Gafos, así como todas as actividades que vaian en beneficio do río ou do seu contorno.A asociación está implicada decididamente na Educación Ambiental como unha ferramenta decisiva para a mellora e coidado futuro do río.

Caos de sostibilidade nos montes galegos. O monte veciñal de Vincios, Gondomar

Javier Montalvo e Belén Casaleiro Javier

Páx. 33 - 35

En Vincios levouse a cabo unha plantación forestal moi diferente o que estamos acostumados en Galiza, mentres na maioría do territorio as plantacións son de especies invasoras de rápido crecemento, en Vincios plantáronse especies autóctonas para procurar madeira de alta calidade. A empresa que investiu no proxecto é Maderas Nobles Sierra del Segura dedicada a silvicultura ecolóxica. Esta plantación conta con 21 especies diferentes de árbores típicas na paisaxe galega, 18 das cales son de folla caduca e so tres de perenne, contribuíndo así a conservación da paisaxe, pero ademais inclúense outras medidas, como facer os buratos mecanicamente sen romper toda a capa superior do solo ou triturar os restos da anterior plantación de eucaliptos, que permiten unha maior produción e o mantemento dun hábitat ben conservado.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal