Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 55 - .

Verán 2008

CERNA Nº 55 - .

Artigos da revista CERNA Nº 55

A xestión do lixo a debate

Cerna / redacción

Páx. 10

O CEIDA e a Consellaría de Medio Ambiente organizaron unhas xornadas de sobre a xestión de residuos urbanos onde se presentou o novo borrador de Plan de Xestión de Residuos, inda que o plan recibiu críticas por ser centralizador, nun tema que ten demostrado a súa eficacia cando as plantas de tratamento de residuos son de menos tamaño, e dada a distribución da poboación galega que invita a desenvolver por comarcas esta tarefa, tamén recibiu eloxios por avanzar cara a sostibilidade.

Recursos 55

Ramsés Pérez

Páx. 11

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

Cambio climático. Plan de mitigación de emisións

Cerna / Redacción

Páx. 13

Presentado polo presidente da Xunta o pasado 6 de xuño, este Plan que ten como obxectivo mitigar as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) naqueles sectores non suxeitos ao mercado de emisións. Dentro do programa de mitigación, propón a adopción de 51 accións distribuídas en 7 subsectores (Transporte: 11 accións, Doméstico: 11, Servizos: 13, Indutria: 10, Agricultura: 3, e xestión de residuos: 3). Outros programas (avaliación de impactos, investigación, educación, …) completan un plan que se atopa en fase de consulta cidadá.

Tendencia das emisións en Galiza 2000-2006. Gases de efecto invernadoiro

Ramón Varela Díaz, ex-presidente de ADEGA

Páx. 14 - 17

No ano 2005 entrou en vigor o Protocolo de Kioto, no que moitos países desenvolvidos se comprometeron a reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro ano tras ano para acadar uns obxectivos marcados. Mentres tanto os EE.UU, responsable dun terzo das emisións totais mundiais, segue se ratificar dito acordo. En Galiza as emisións seguen aumentando ano tras ano, sendo os sectores transportes, enerxéticas, de ferroalinaxes e aluminio xunto ca minaría os que fundamentalmente aportan estas emisións. Nos últimos anos produciuse un descenso lixeiro das mesmas nas industrias enerxéticas ao mesmo tempo que aumentaban considerablemente no resto. Para poder levar a cabo unha redución de emisións considerable Galiza precisaría un plan de actuación propio que estivese centrado nas singularidades do noso país.

Entrevista a Francisco Sóñora

Entrevistado por Belén Rodríguez

Páx. 18 - 19

O Proxecto Climántica, como proxecto educativo, está impulsado polas Consellarías de Medio Ambiente e de Educación para achegar a problemática do Cambio Climático as escolas galegas. O proxecto foi presentado en Cuba, Portugal, Arxentina e, mesmo diante da ONU, co obxectivo de incorporar a temática do Cambio climático nos currículos escolares destes países, especialmente polo interese da metodoloxía desenvolvida. Para Francisco Sóñora, responsable e coordinador de Climática, o grande está agora en facer chegar este proxecto educativo a múltiples sectores, buscando mecanismos para que esta dinámica vaia prendendo noutros ámbitos sociais. Velaquí a conversa con Francisco Sóñora.

Residuos e Cambio climático

Marta Domínguez

Páx. 20 - 21

Os residuos que se xeran cada día son responsables do 3.1% das emisións totais de gases de efecto invernadoiro na UE, por iso e coa finalidade da redución destas emisións un cambio na xestión dos residuos provocaría un descenso significativo na emisión destes gases. Así pódese traballar de dúas formas para esta redución: Por unha banda, non teríamos tantas emisións se apostásemos pola reciclaxe dos residuos aforrando as materias primas e a súa transformación, se compostásemos os residuos aforrando fertilizantes e por último usando a enerxía que se xera nestes procesos. Por outra banda, secuestrando o carbono almacenando residuos biodegradables en vertedoiros sen tratar para que se degraden lentamente, con tratamentos biolóxicos dos residuos biodegradables, e almacenando como humus estabilizado o carbono presente no compost.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal