Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 53 - .

Inverno 2007

CERNA Nº 53 - .

Artigos da revista CERNA Nº 53

O Centro de Interpretación da Natureza de A Siradella

Manuel Domínguez Rei e María Sánchez Martín

Páx. 52 - 53

O Centro de Interpretación da Natureza de A Siradella está situado no cumio do monte A Siradella, o máis alto da península de O Grove (162m), ao Sur da Ría de Arousa. Aos seus pés, un mosaico de diferentes ecosistemas litorais conforman unha paisaxe litoral de extraordinaria beleza. De titularidade pública e vinculado á Consellería de Medio Ambiente, funciona dende 1994 como Centro de información, interpretación e educación ambiental do Espazo Natural Protexido Complexo Intermareal Umia-O Grove¸ A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira.

Obradoiros “Muller, naturalmente”: Medio ambiente para mulleres do rural

María García

Páx. 54 - 56

As mulleres do rural son frecuentemente proletarias, xestoras e usuarias dos nosos recursos naturais. Ademais, levan a casa, sosteñen unha familia, educan aos fillos e fillas, ocúpanse do coidado da horta ou da explotación, traballan a miúdo profesionalmente fóra da casa e son maioría no asociacionismo rural. Pese ao seu papel fundamental, as mulleres do rural atópanse nunha situación desfavorecedora no acceso á información, á capacidade de decisión e a súa implicación na vida pública.ADEGA elaborou en colaboración co Servizo Galego de Igualdade unha proposta didáctica que pretende, por unha banda, achegar a poboación rural á defensa do medio ambiente, partindo dunha base de diálogo e aproximación mutua. Por outro lado perséguese apoiar o infravalorado papel das mulleres nese contexto, fomentando a súa activación, implicación e autoorganización.

Proxecto Ríos: Tomándolle o pulso ao Río Tea

María Xosé Castro Fernández

Páx. 58 - 59

No mes de outubro tivo lugar o campamento de voluntariado ambiental no río Tea. O programa contou coa colaboración do Ministerio de Medio Ambiente. Súmase deste xeito esta actividade as actuacións que dende o Proxecto Ríos desenrola ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñercer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Deseño ecolóxico na vida cotiá

Ramsés Pérez

Páx. 60 - 61

Todos os obxectos que nos rodean foron deseñados por alguén. O deseño pode ser bo ou mao, gustarnos ou non, e por suposto tamén pode ser máis ou menos respectuoso co medio. Como en calquera outra actividade económica, ao deseño ecolóxico pódese chagar por convición ou por intereses comerciais. Para recoñecelos e non ser enganados apuntamos aquí algunhas ideas sobre os aspectos que deben seguir os obxectos deseñados con criterios de sustentabilidade.

A ecoloxía das linguas: o caso do galego

Fran Rei García

Páx. 62 - 63

A lingua é unha das ferramentas máis flexibles e versátiles que nos podemos atopar no noso día a día. A pesares dos anos de vida que poida ter unha lingua, esta é capaz de adaptarse as novas realidades que a rodean, evolucionar e servir á perfección para todas as interaccións que a súa sociedade requira. E isto non é característica dunha soa lingua, senón que de todas, posto que as xerarquizacións e diglosias son provocadas polas distintas relacións entre as comunidades lingüísticas partindo de diversos motivos que pouco teñen que ver coa esta. É neste contexto no que comeza a ecoloxía das linguas ou ecolingüística, que pretende evitar a desaparición do extenso patrimonio lingüístico do que formamos parte.

O Carballo da Mestra

Florinda da Escusa

Páx. 64 - 65

Os contos sempre teñen algo especial que nos acompaña durante toda a vida. Asociados á infancia, aos avós, as vellas historias que van pasando xeración tras xeración, de boca en boca, de oído en oído.... As narracións son a alma da Historia, unha lección por aprender, un sentimento por experimentar ou un recordo vido de moi lonxe. Por iso sentimos as historias tan preto, e por iso gozamos tanto delas. A historia de hoxe ten que ver coa terra, coas raíces, co pasado... e cun carballo de máis de douscentos anos que garda un segredo no seu interior.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal