Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 57 - Transporte: O...

Inverno 2008

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Artigos da revista CERNA Nº 57

Montes da Estrada e Agolada: Proxectos de aproveitamento integral e protección

Frouma Forestal

Páx. 45 - 46

Actualmente, o monte galego atópase en estado de abandono, iso é innegable. O abandono dos traballos tradicionais de explotación e xestión comunal do monte deron paso ao seu descoido ou a súa explotación intensiva mediante especies foráneas. É neste contexto cando nacen iniciativas, como as que está a levar a Asociación Forestal Furoma, intentan devolver ao monte o seus status e valor tradicional a través da plantación de especies autóctonas, o silvopastoreo, producións de cogomelos e froitos silvestres, aproveitamento de leña e creación de roteiros de sendeirismo, entre outros. Neste caso imos ver como exemplo o levado a cabo nos montes de Orazo (A Estrada) e en Trabancas (Agolada).

A madeira na restauración de vivendas: vantaxes ambientais

Adela Figueroa

Páx. 47 - 48

Alternativa sustentábel nun momento histórico de crise. Modernidade na concepción das vivendas. Interrelación entre madeira, pedra e cemento; entre o mundo dos vivos e a morte presentada polas “urbanizacións especulativas”.

II Encontro do Lobo Galego: O futuro incerto do lobo en Galiza

Belén Rodríguez

Páx. 50 - 51

ADEGA e CEIDA (Centro de extensión e divulgación ambiental de Galicia) conseguiron reunir o 8 de novembro no Castelo de Santa Cruz de Oleiros a máis dun cento de persoas interesadas en coñecer e debater sobre o futuro de lobo en Galiza e sobre o Plano de Xestión que vai impulsar a Xunta proximamente, aínda que se botou en falla a presenza dos responsábeis políticos na materia, que delegaron o convite no persoal técnico. Neste encontra coñecéronse as experiencias doutros plans de xestión do contorno galego, como o de Portugal ou o de Asturias.

O pícaro raposo

Pepe Salvadores

Páx. 52

O raposo é o animal astuto por excelencia, diso temos boas mostras na tradición popular por medio de lendas, ditos e refráns. É un animal fermoso, esquivo, pequeno e moi intelixente, que acostuma valerse do seu enxeño para escapar dos seus depredadores ou facerse coas súas presas. Nas casas é coñecido como o ladrón das galiñas, e non é moito o aprecio que se lle profesa, porén sufriu cacerías masivas e o aproveitamento do seu fino pelaxe para o abrigo e o adorno. Aínda con todo isto, é o protagonista dos contos dos vellos e no noso interior, pode que inconscientemente, admiramos a en certo modo a este pícaro animaliño.

A xesta

Gema Pérez e María Xosé Castro

Páx. 53

Se hai unha cor característica nos montes galegos na primavera, aparte, claro está, do verde das árbores, é o amarelo de toxos e xestas. Co nome de xesta coñécese a un gran número de arbustos da xénero Cutysus, con semellantes características. A xesta é todoterreo, ten múltiples usos e finalidades, e foi e é indispensable na vida do rural. Proba disto son as vasoiras -resistentes, ecolóxicas e reutilizábeis- o seu uso para as camas dos animais, e posterior abono, cestería, no proceso de obtención do liño e en moitas máis actividades. A xesta serve para todo.

Proxecto Ríos: Curando o río Tea

Marga Miguéns, Paco Bañobre e Ramsés Pérez

Páx. 54 - 55

Por segundo ano consecutivo tivo lugar o Campamento de Volunatiado Ambiental do río Tea organizado polo Proxecto Ríos ao abeiro das axudas do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariña. A actividade tivo unha grande acollida e nela participaron unhas 90 persoas. Desenvolveuse durante as tres últimas fins de semana de outubro.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal