Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 57 - Transporte: O...

Inverno 2008

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Artigos da revista CERNA Nº 57

Recursos 57

Ramsés Pérez

Páx. 11

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando “Recursos Cerna”. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

A “Crise”, unha oportunidade para o cambio. XXXIII Asemblea xeral de ADEGA

Belén Rodríguez

Páx. 12 - 13

Nun ambiente “familiar”, tranquilo e afábel, ADEGA celebrou a súa XXXIII Asemblea Xeral no que tocaba renovar Directiva, facer un repaso das eivas organizativas da asociación, establecer as liñas prioritarias de actuación para a vindeira xeira e avaliar o traballo desenvolto no último ano polas distintas vogalías e ámbitos de actuación. Foi a fin de semana do 29 e o 30 de novembro nas instalacións do equipamento ambiental Alvarella, en Pontedeume (Ferrol).

Balanzo ambiental 2008: Moita improvisación e publicidade, poucos avances

Fins Eirexas

Páx. 14 - 15

Facer un balanzo anual é unha das ferramentas máis útiles para poñer en perspectiva todo o acontecido ao longo do ano. A lexislación, enerxía eólica, o tema residuos, espazos protexidos... son algúns dos temas que se tratan neste artigo que no amosa os acertos, fallos e melloras que se poden dar en cada sector. Para ter un visión en perspectiva de todo o acontecido no 2008, Fins Eirexas, a través deste artigo que dará todas as claves dende un punto de vista ecolóxico.

Concurso eólico: ecoloxistas si, inxenuidade non

Daniel López Vispo

Páx. 16

Os impactos ambientais e sociais dos parques eólicos instalados ata o día de hoxe, a inutilidade das avaliacións de impacto ambiental realizadas, a arbitrariedade con que o Partido Popular adxudicou as autorizacións, fan que sexan poucas todas as precaucións ao respecto que o ecoloxismo poida adoptar. Porén, centramos a reivindicación no concurso eólico pode ser un grande erro, xa que desvía a atención das verdadeiras deficiencias que na situación actual condicionan a selección de parques eólicos menos impactantes.

Entrevista a Virxinia Rodríguez

Belén Rodríguez

Páx. 17 - 19

“ADEGA fai política ambiental, pero non é partidista” Virxinia Rodríguez é Secretaria Xeral de ADEGA, ten representación en todos os órganos de goberno da organización, nomeadamente na Comisión Permanente e na Xunta Directiva. Tamén é a voceira da organización, xunto coa Presidencia, nas relacións institucionais, extraoficiais ou xudiciais e está apoiada pola Secretaría Executiva e de Organización da asociación

Entrevista a Emilio Fernández

Manuel Soto e Belén Rodríguez

Páx. 20 - 23

“Unha enerxía ilimitada sería o fin da especie humana” Hai case tres anos falabamos con Emilio Fernández para Cerna. Aínda só pasaron 9 meses da súa entrada no goberno e daba conta de numerosas actuacións e proxectos: Avaliación Ambiental Estratéxica, Núcleos de Sustentabilidade, acceso á información ambiental, revisión da Estratexia Galega de Educación Ambiental, creación dunha Axencia Galega de Desenvolvemento Sustentábel, o Plano de Acción do Cambio Climático, ou a aplicación da Directiva de Augas. Cando está para rematar a lexislatura, recorremos de novo a el para analizarmos estes anos de cambio de goberno. Segundo declaraba naquel entón, “o desenvolvemento sustentábel é un asunto de todo o goberno”. Por iso, a D.X. de Sustentabilidade, a través do Comité de Desenvolvemento Sustentábel Interdepartamental, ten importantes tarefas de transversalidade coas diferentes políticas sectoriais. Estamos pois diante da persoa que nos pode dar unha boa perspectiva das actuacións en materia de medio ambiente de todo o goberno.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal