Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 58 - Crónica: O...

Primavera 2009

CERNA Nº 58 - Crónica: O incerto futuro de ENCE en Galiza

Artigos da revista CERNA Nº 58

A debate. O incerto futuro de ENCE en Galiza

Belén Rodríguez e Fins Eirexas

Páx. 25 - 28

Dentro de nove anos, no 2018, o complexo Ence-Elnosa ten que pór fin á súa actividade de fabricación de pasta de papel en Pontevedra. Desde que se fixo pública a data de caducidade, a Administración viuse obrigada a responder a determinadas cuestións relacionadas co futuro da entidade empresarial en Galiza que precisan resposta: a partir do ano 2018, ou antes, irase Ence de Pontevedra? Será o seu peche o fin da súa actividade no país? Existe outra localización adecuada para a fábrica da celulosa en Galiza? Como vai influír a súa marcha no aproveitamento forestal do territorio galego? E desde un punto de vista económico ou social? Demasiadas preguntas que o anterior goberno non abordou con determinación e que, coa entrada dunha nova Administración "popular", quedan aínda máis sumidas no escurantismo da incerteza. O que si está claro, ao menos desde o eido ecoloxista, é a magnitude do impacto que a actividade de Ence ten suposto para o medio ambiente galego. ADEGA quixo retomar o debate sobre o futuro do complexo Ence-Elnosa nun encontro entre os seus socios e socias e personalidades das universidades galegas, de grande pouso no ecoloxismo galego, convidados a analizar as posíbeis opcións dese futuro incerto. Tomaron posicións o expresidente de ADEGA e profesor de Enxeñaría Química na UDC, Manuel Soto Castiñeira, o Catedrático en Bioloxía e tamén expresidente de ADEGA, Ramón Varela, e o Catedrático en Economía Aplicada pola USC, Xabier Vence.

A cooperativa de agricultura ecolóxica Raínha Lupa. Avolta dos normandos a Quilmas

Lucía Ferreira e Xosé Manuel Casais

Páx. 30 - 31

Nesta pequena aldea, saqueada no pasado polos normandos, as industrias acuícolas pretenderon expandirse máis do que xa o fan colonizando uns fértiles terreos agrarios. Ante esta situación os veciños rebeláronse formado unha cooperativa para a xestión común do territorio, volvendo cultivar as terras coma no pasado, obtendo así beneficios ao tempo que conservan as terras en propiedade e o medio natural en bo estado de conservación

A imaxinación fronte o ataque dos lobos, os burros como método de prevención.

Belén Rodríguez

Páx. 32 -33

Na Casa grande de Xanceda, unha explotación de vacún de leite ecolóxico, e tras sufrir o ataque dos lobos, puxeron en marcha medidas para previr futuros ataques, que producen unha perdas que a administración non compensa nin nun 10%. As novas medidas que puxeron en práctica son valados, chocas que tiveron unha forte uso tradicional pero estaban desaparecendo, adquisición de cans mastíns e finalmente e máis innovador a introdución de burros no rebaño, os burros o criarse co gando senten a necesidade de defendelo e lonxe de escapar atacan o lobo, esta é unha técnica usada en outras partes do mundo e que agora pode ter futuro en Galiza

Crónica dunha experiencia verde. Reducir o consumo de auga e enerxía é posíbel

Mª Xosé Castro, Isabel Fernández e Ramsés Pérez

Páx. 24 - 25

Durante o 2008, 50 domicilios de Santiago de Compostela participaron no programa de educación ambiental Fogares verdes. Este programa de acompañamento que dá continuidade aos proxectos de compostaxe caseira vén demostrar que cunhas doses de reflexión, outro pouco de vontade e algúns cambios de hábitos pódese aforrar auga e enerxía no día a día, no noso fogar. A experiencia desenvolveuse tamén nos concellos de Porriño e Ames.

Ecoloxía no cotián. Biodiversidade II: Afecionados á natureza

Ramsés Pérez

Páx. 36 - 37

A crecente sensibilización da cidadanía pola cuestión ambiental ten levado a moitas persoas a interesarse polo medio natural e a participar en accións encamiñadas á súa defensa e estudo. As persoas afeccionadas á natureza poden ter unha importante tarefa, alén do goce e satisfacción persoal, especialmente se esa paixón se dirixe cara a proxectos serios, estábeis e onde os resultados fagan visíbel a súa colaboración. A simbiose entre especialistas e neófitos, como as que se dan na natureza, poden ser dar resultados beneficiosos para todos, especialmente para o ambiente. As novas tecnoloxías axudan nesta tarefa e posibilitan aínda máis esta colaboración.

A xoaniña

Pepe Salvadores

Páx. 38

A xoaniña é un dos poucos insectos que goza de cariño na nosa cultura, un dos motivos podería ser que come os pollos ou piollos, permitindo o bo desenvolvemento das plantas cultivadas, inda que tamén poderían ser outras razóns de tipo supersticioso ou pola súa fermosura.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal