Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 59 - Mar: do...

Verán 2009

CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades

Artigos da revista CERNA Nº 59

Aeroporto de Alvedro é sostibilidade

Raquel Jabares Fernández

Páx. 22

A posible ampliación de 400 metros do aeroporto de Alvedro pon a coñecemento público o Estudo de Impacto Ambiental que se realizou sobre o proxecto. Alvedro trátase dun aeroporto de carácter urbano rodeado de colexios, vivendas e persoas que soportan a diario taxas elevadísimas de ruído. Se temos en conta que tal como está hoxe en día, o aeroporto é deficitario, cómpre preguntarse ata que punto é sostible unha ampliación millonaria, de gran pegada ambiental, nun aeroporto que xa de por si ten moitos problemas para resolver.

Ruta das cetarias: Fóra de lugar

Carlota Eirós

Páx. 23 - 25

“Podemos soster que os enxeñeiros poden crear localizacións, pero que o tempo é necesario para crear lugares.” ( Y. F. Tuan, 1996, Space and Place: Humanistic Perspective.)En Abril de 2009 sácase a concurso o proxecto de construción da “Ruta das Cetáreas de Rinlo”, consistente en pavimentar e peatonalizar con cemento as rutas naturais do litoral, para a valorización e explotación deste recurso. Cal é o prezo desta “posta en valor” se con elo se destrúe parte da natureza que se pretende protexer? Son necesarias estas intervencións? Todas estas preguntas e máis resolveranse neste artigo.

Utilidade pública e empresas

Adela Figueroa Panisse

Páx. 26 - 27

As grandes empresas apodéranse do territorio xustificando “servizos á sociedade”. Así é considerado o termo de Utilidade Pública. En principio, debería ser o Estado quen fornecese deste amparo a toda a cidadanía, pero cando a Administración non pode atender a todas as necesidades e servizos, estes son privatizados, ao menos esa é a xustificación. Polo tanto, o Estado perde funcións, mentres que as grandes empresas substitúeno na atención ao cidadán en materias como o abastecemento enerxético, a minaría ou a alimentación, entre outras.

Responsabilidade civil por danos causados por hidrocarburos

Luis Villares Naveira

Páx. 28 - 29

O “Estudo crítico sobre o réxime de responsabilidade civil por danos causados por hidrocarburos. Ensinanzas do Prestige.”, editado en Rexurga (Pontevedra, 2009) é unha obra que forma parte do traballo levado a cabo polo Grupo de Investigación de Economía Pesqueira e Recursos Naturais da USC que dirixe Mª do Carme García Negro, e que analiza sectorialmente as consecuencias da catástrofe ocasionadas polo buque petroleiro Prestige en 2002.

Emprego en espazos protexidos: O caso de Folgoso do Courel

María García

Páx. 30 - 32

O pasado mes de marzo ADEGA concluíu o “Estudo das alternativas profesionais vinculadas á protección e posta en valor dos recursos naturais en Folgoso do Courel”, financiado pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellaría de Traballo. O obxectivo: propoñer medidas creadoras de emprego que melloren o estado de conservación das áreas protexidas e supoñan un beneficio real para poboación local. O estudo foi presentado diante da anterior Consellaría de Traballo e será posto en coñecemento da actual.

Proxecto Ríos de lingua e cultura

Ramsés Pérez

Páx. 34 - 35

A piques de cumprir cinco anos de andaina, o Proxecto Ríos pon en marcha unha nova iniciativa que pretende fomentar a recollida e divulgación de nomes populares asociados aos ríos e dos aspectos culturais vencellados a eles. Os traballos de estudo e divulgación dos nosos ecosistemas fluviais realizados durante estes anos permitíronnos descubrir a extensa riqueza que agochan, non só, dende o punto de vista ambiental senón tamén cultural. Un programa de educación e voluntariado ambiental que pretende incidir sobre cuestións léxicas e culturais como receitas, adiviñas, etc., contribuíndo así ao mantemento da nosa lingua e da nosa cultura.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal