Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 59 - Mar: do...

Verán 2009

CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades

Artigos da revista CERNA Nº 59

Recursos 59

Ramsés Pérez

Páx. 9

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando “Recursos Cerna”. Consulta as nosas recomendacións desta edición

Documentación ambiental a disposición da cidadanía galega

Ana Belén Prado, Natalia Neira e Verónica Pajón

Páx. 10 - 11

O Centro de Documentación Ambiental do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) posúe un amplo e variado fondo documental aberto ao público e dispoñíbel para a súa consulta. Estas publicacións especializadas supoñen un apoio fundamental na investigación, na realización de traballos e informes técnicos, proxectos ou na preparación de saídas e actividades na natureza, xa que conta cun abano interesante de guías e roteiros.

A fauna dos fondos profundos mariños

Xandro García Regueira

Páx. 12 - 14

O ecosistema dos fondos profundos mariños é un dos grandes asuntos pendentes da investigación científica. Aínda que este tipo de investigacións xa teñen un certo percorrido de dous séculos, as inversións e os estudos que se realizan son escasas, aínda que cada vez maiores . Un exemplo é que en Galiza contamos co barco “Sarmiento de Gamboa”, considerado o máis moderno de Europa, e con centros de investigación tales como a Estación de Bioloxía Mariña da Graña, pertencente á USC. Xandro García levaranos da man nun percorrido pola Historia destas investigacións, o motivo do pouco coñecemento deste ecosistema, os métodos de investigación e por último, pero non menos importante, as características ecolóxicas dos fondos e mais a súa conservación.

A traxectoria mariña da CEMMA

Alfredo López

Páx. 15 - 17

As tartarugas e os mamíferos mariños cóntanse entre fauna mariña máis ameaza de supervivencia en todo o mundo. Todas as especies de tartarugas mariñas están en perigo de extinción a nivel mundial. A caza directa levou á extinción da balea basca nas augaseuropeas e ao borde da desaparición dos grandes cetáceos, tamén o impacto doutras actividades humanas manteñen nunha delicada situación a especies tan emblemáticas como os arroaces e as toniñas. Os labores de asistencia aos animais varados, de investigación e de educación ambiental, que puxo en marcha a CEMMA dende o ano 1990 en Galicia, naceron coa vocación de contribuír a conservación das especies.

Entrevista a Lucía Iglesias da Cunha

Belén Rodríguez

Páx. 18 - 19

“A educación ambiental en Galiza segue estando de parálise”No ano 2000 comeza a andaina de SGEA (Sociedade Galega de Educación Ambiental) por medio dun grupo de persoas que teñen na Educación Ambiental o seu ámbito de traballo, entre elas Lucía Iglesias da Cunha, a súa actual presidenta. Esta asociación, que xa conta cun certo percorrido, ten como principal obxectivo potenciar a imaxe e a necesidade da Educación Ambiental entre a sociedade. Nesta extensa entrevista facemos un percorrido polos traballos que está a levar a cabo esta iniciativa, tales como o Proxecto Fénix, o panorama actual da Educación Ambiental en Galiza e o futuro da mesma.

A pegada hídrica

Juan Cagiao Villar

Páx. 20 - 21

Buscar modelos de desenvolvemento sostíbel que nos axuden a convivir coa natureza é básico, mais estes pasos estanse a dar moi paseniñamente. Un dos elementos dos que máis dependemos, tanto seres como natureza, é a auga. Nos últimos anos, en parte debido á crecente escaseza dente líquido, estase a falar da pegada hídrica das sociedades, isto é, a cantidade de auga que se precisa para o mantemento desa sociedade, tanto o seu uso directo como o seu uso para bens de consumo. Saber os litros de auga que se precisas para producir un tomate, unha prenda de vestir ou un kg de tenreira pode ser fundamental para concienciarnos sobre o uso que lle estamos dando a este escaso ben e por tanto, comezar a preguntarnos que é o que falla e que podemos facer nós para poñerlle freo a esta situación.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal