Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 61 - Lei do solo:...

Primavera 2010

CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación

Artigos da revista CERNA Nº 61

Os transportes e o cambio climático

Adela Figueroa Panisse

Páx. 33 - 34

O tren é o medio de transporte máis eficiente dos existentes, o que menos impacto causa, e o que menos gasto supón tanto na construción como no seu funcionamento diario. Nun país como a Galiza, cunha alta produción de electricidade, é incrible que en vez de apostar por este medio se teñan feito tantas estradas para vehículos privados e tan poucas liñas de ferrocarril. Está claro que as grandes industrias interesadas na venta de vehículos individuais e do petróleo influíron decisivamente nuns gobernos que non quixeron potenciar o tren. Así hoxe en día estanse a construír estradas de Lugo a Ourense e Santiago cuns custes dificilmente amortizables, nun momento en que os prezos dos combustibles comeza a ser moi alto para tódalas persoas non sería mellor fortalecer a rede de ferroviaria?

Hopen´ Haguen: Crónica da esperanza

Xosé David Allo Rama

Páx. 35

Esperanza, esta é a palabra que escollería para definir este Cumio do Clima. Eu, estudante de E.T.Forestal, traballador de incendios no verán e agora Erasmus en Praga, decidín sumarme ás mobilizacións de Copenhague a fin de semana do 11 ao 13 de decembro sen saber o que me atoparía por eses lares. Guiado non máis que pola busca desta esperanza que nos fai falla para motivar os nosos corazóns e seguir dando pasos na vida...

Montes sustentábeis. O gando ovino e caprino nos montes galegos

Antonio Cabana

Páx. 36 - 27

A presenza de ovellas e cabras nos montes galegos foi decrecendo constantemente, isto é prexudicial para os nosos montes, xa que contribúen a conservación do medio rural e a frealo despoboamento, manteñen superficies agrarias en bo estado, fan un aproveitamento sostible dos recursos e contribúen a valorar as actividades agrogandeiras e forestais e das súas producións. Para que se manteñan estes rebaños é imprescindible que a administración poña en marcha medidas encamiñadas a favorecer estas actividades, xa que agora mesmo están discriminados nas axudas, sobre todo a administración ten que favorecer plans que permitan a convivencia co lobo.

Xornada de formación de ADEGA: visitamos dúas plantas de compostaxe na Galiza

María Rodríguez Lafuente

Páx. 39

ADEGA organizou unhas xornadas de formación facendo dúas visitas a plantas de compostaxe, a primeira a empresa Ecocelta de Ponteareas e a segunda a Fertilizantes Lourido de Crecente. Nestas plantas explicouse o proceso que seguen para elaborar o compost e cales son as materias primas que usan.

O Eume, 50 anos de secuestro

Marcos Vázquez

Páx. 40

O río Eume ten dous encoros que traban o seu curso continuado, é o segundo encoro o máis prexudicial xa que secuestra a auga para abastecer a central térmica e deixou seco 3.5 km de río. A lei marca un mínimo que neste caso non se respectou por iso o colectivo ecoloxista AEMS Ríos Con Vida denunciou ante a fiscalía de Medio Ambiente estes feitos que xa duran 50 anos.

Os impactos da auga embotellada

Ramsés Pérez

Páx. 42 - 43

A auga embotellada, maioritariamente en plástico, como sucede coas bolsas, está cada vez máis presente nas nosas vidas. Porén, non nos preguntamos do mesmo xeito polos custos ambientais asociados a ambos casos. A auga engarrafada en plástico é un crecente negocio que leva parello importantes impactos ambientais, sociais e mesmo económicos.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal