Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 61 - Lei do solo:...

Primavera 2010

CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación

Artigos da revista CERNA Nº 61

As eivas do dereito ambiental en Galiza

Belén Rodríguez

Páx. 17

No marco das xornadas “Sociedade e Ambiente na Galiza” organizadas por ADEGA e a USC na Escola Politécnica Superior de Lugo,en conmemoración do Día da Terra, celebrouse a mesa redonda “A lexislación ambiental como ferramenta para a defensa do medio ambiente”. A esta mesa redonda asistiron o Fiscal de Medio Ambiente de Galiza, Álvaro García Ortiz, a profesora de dereito ambiental, Alba Nogueira López, e o avogado de ADEGA, Apolinar Gómez Roca. Todos eles afondaron nos instrumentos legais dos que dispón a sociedade galega para facer cumprir a lexislación ambiental e tamén trataron as dificultades existentes para facer que eses instrumentos sexan efectivos.

Segundo o rexistro PRTR-España. Grandes contaminantes industriais en Galiza

Ramón Varela Díaz

Páx. 18 - 21

Unha fonte fiable para coñecer a contaminación das grandes industrias é o rexistro estatal de emisións e fontes contaminantes, ou PRTR-España, se observamos detidamente este rexistro podemos observar que Galiza ten unha industrias altamente contaminantes en relación a súa poboación, industrialización ou desenvolvemento, isto explicase vendo a que abastecen estas industrias, que no canto de producir para Galiza producen para todo o estado, por iso, compre que se rebaixe pronto e de forma importante a emisión e o vertido que realizan determinadas industrias.

III Encontro sobre os lobo galego

Belén Rodríguez

Páx. 23

O 24 e 25 de abril celebrouse en Oleiros, no Castelo de Santa Cruz, o III Encontro sobre o lobo galego, organizado por ADEGA e o CEIDA.Desta volta, os relatores foron Luis Llaneza, redactor do Plano de Xestión do Lobo en Galiza; Roberto Hermida, biólogo da USC e estudoso da morfoloxía do animal e José Luis Santiago e Javier Franco, técnicos do Concello de Puebla de Sanabria. Na mesa redonda sobre a situación actual da problemática do lobo participaron membros do sindicato Xóvenes Agricultores, da asociación OVICA, a Cooperativa Monte Cabalar, a Asociación de Gandeiros de San Martiño de Oleiros (Barbanza) e o xefe do servizo de conservación da biodiversidade, Xesús Santamarina, en representación da Administración. Na última xornada houbo unha visita guiada ás instalación de Marcelle Natureza (Outeiro de Rei) e realizouse un roteiro polo Incio, á cargo da asociación cultural “A Ouriceira”.

O corvo mariño vaise

Ignacio Munilla, Alberto Velano e David Álvarez

Páx. 24 - 26

O corvo mariño é unha especie en perigo de extinción, que abunda nas costas atlánticas, pero que dende finais da década dos noventa até o 2007 perdeu o 50% das parellas reprodutivas en Galiza. Este descenso tan grande pode ter varias explicación. Por unha banda, as artes de pesca que se utilizan na zona diminúen as cantidades de peixe das que se alimenta a especie e tamén provocan que algúns individuos queden atrapados nas redes mentres pescan. Por outra banda o Prestige diminuíu moito as poboacións dos peixes que viven nos fondos lamosos e areosos e que son tamén parte da dieta do corvo mariño. Por último, e a causa que precisa unha solución máis urxente é a chegada de carnívoros terrestres invasores como gatos domésticos, zorros e sobre todo o visón americano, cunha gran capacidade para nadar, que lle permite chegar as illas máis afastadas da costa.

Entrevista a Joaquín Araújo

Entrvistado por Belén Rodríguez

Páx. 28 - 31

Joaquín Araújo é escritor, xornalista, guionista e director de cine, agricultor e divulgador dunha temática principal: a defensa da Natureza e a ecoloxía como única esperanza. Recibiu numerosos premios polo seu labor, entre os que destacan, o Premio Global500 da ONU no campo da ecoloxía, o Premio Nacional de Medio ambiente, Medalla de Extremadura ou Premio á mellor serie da historia da televisión por El Hombre y la Tierra, da que foi director. É autor de milleiros de artigos e varias ducias de libros como Todavía vivo, Los parques naturales, La muerte silenciosa, XXI: El siglo de la ecología, Cultivar la tierra, La Ecología contada con sencillez, etc. Foi director e guionista de máis de 200 documentais para televisión e varios programas de radio. Arestora segue a escribir, está a preparar catro novos libros, dá unha media de dúas conferencias semanais, elabora exposicións itinerantes, e é comentarista en Radio Nacional de España, Radio 5e Radio 3, e colaborador no diario El Mundo.

Diferentes perspectivas sobre a incidencia do cambio climático

Belén Rodríguez

Páx. 32

As xornadas dedicadas ao Día da Terra 2010 promovidas no Campus de Lugo por ADEGA e a USC remataron o 22 de abril cunha mesa redonda sobre o quecemento global e a súa percepción desde Galiza. Interviron Emilio Fernández, ecólogo da Universidade de Vigo,Dora Blanco, coordinadora da Oficina de Sostibilidade da USC e Jacobo Feijoo, membro de Unións Agrarias. O obxectivo foi coñecer como os variados sectores da sociedade afronta a problemática do cambio climático no país.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal