Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 60 - Sentenzas...

Inverno 2009

CERNA Nº 60 - Sentenzas Xudiciais: Caso Rinlo

Artigos da revista CERNA Nº 60

Recursos 60

Ramsés Pérez

Páx. 8

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando “Recursos Cerna”. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

Nin un paso atrás na defensa do medio ambiente galego

Belén Rodríguez

Páx. 9 - 10

O pasado 21 de novembro, ADEGA celebrou a súa XXXIV Asemblea Xeral baixo o lema “O Ecoloxismo, máis necesario que nunca”, na que fixo repaso das actuacións e actividades realizadas no pasado ano e sinalou as prioridades ou liñas estratéxicas para este 2010. Nesta edición, a organización tamén aprobou a nova composición da Directiva. Adela Figueroa, quen estivo ao fronte da asociación nos últimos catro anos, cesa do cargo de Presidencia que pasa a ser ocupado por Virxinia Rodríguez, ata o momento Secretaria Xeral de ADEGA. A nova presidenta asume esta responsabilidade coa “intelixencia, o compromiso e a independencia que ADEGA veu amosando desde hai 34 anos”.

Entrevista a Virxinia Rodríguez

Belén Rodríguez

Páx. 11

“Debemos fortalecer o ecoloxismo para poder afrontar as novas ameazas”.Virxinia Rodríguez, nova presidenta de ADEGA, cóntanos as súas preocupacións, inquedanzas e plans para esta nova etapa na organización, o papel que nela seguirá tendo a anterior presidenta, Adela Figueroa, a creación da Fundación Cerna Viva e sobre a defensa e ampliación e defensa dos espazos protexidos da Rede Natura. A defensa do medio ambiente ten que ser activa, implicando a sociedade en todos e cada un dos proxectos, e máis no momentos convulsos que se están a vivir hoxe en día.

Caso Rinlo: a dignidade recuperada

Daniel López Vispo

Páx. 12 - 13

“A dignidade recuperada: un treito de litoral que se conserva, unha Rede Natura que empeza a ser”. Con estes enunciados, así de bre-ves, resume Daniel Vispo o resultado desta longa loita reivindicativa en defensa, no só dun espazo da nosa Rede Natura do litoral (LICde As Catedrais), senón da dignidade de todos os nosos espazos protexidos, do noso litoral e, e en suma, das xentes de Rinlo, de Riba-deo e da Mariña en xeral. A Vispo, secretario xeral de ADEGA no momento de coñecerse o proxecto de piscifactoría para Rinlo, debé-moslle en boa medida o acerto e o impulso continuado a unha loita con froitos que catro anos despois se mostran como definitivos eesperanzadores. Neste artigo destaca algúns aspectos quizais intanxíbeis pero de grande importancia da mesma.

Caso Rinlo: A xustiza anula o proxecto acuícola de Rinlo polo seu impacto ambiental

Apolinar Gómez Roca

Páx. 14 - 15

Tras catro anos de contenda xudicial contra Acuinor e a Xunta de Galiza, ADEGA consegue defender o espazo natural protexido LIC As Catedrais e zona Rede Natura 2000, no termo municipal de Rinlo, da pretendida instalación dunha planta de acuicultura que afectaría de xeito irreversíbel aos hábitats alí protexidos pola Unión Europea. Dúas sentenzas da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza veñen de dar a razón a ADEGA, aténdose a preceptos legais, que poden sentar precedente para a futura defensa doutros espazos incluídos en Rede Natura e que estean ameazados por algún proxecto industrial. Neste artigo, un dos puntais do éxito de ADEGA nesta loita, o seu avogado, Apolinar Gómez Roca, relata o contido das dúas sentenzas e os fundamentos nos que se basean as devanditas resolucións xudiciais.

Hábitats da península do Cabo Touriñán

Xabier Amigo Vázquez

Páx. 16 - 17

Neste breve informe dáse conta, desde a observación do experto e profesor en Botánica, Xabier Amigo, dos hábitats e especies vexetais presentes en Cabo Touriñán (concello de Muxía), “terra prometida” polo actual goberno autonómico a Pescanova para a instalación dunha granxa acuícola de cultivo de rodaballo. Este mesmo proxecto fora desbotado polo anterior Executivo, que agora se recupera contra a vontade do movemento ecoloxista e a pesar de que Cabo Touriñán é Lugar de Interese comunitario, Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e zona pertencente á Rede Natura 2000.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal