Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 85 - Especial Vaga...

Outono 2021

CERNA Nº 85 - Especial Vaga Eólica I

Artigos da revista CERNA Nº 85

Recursos

Ramsés Pérez

Páx. 4

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando Recursos Cerna. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

A loita contra Ence. Un novo e apaixonante escenario!

Antón Masa

Páx. 5-9

As sentenzas ditadas o pasado mes de xullo pola Audiencia Nacional anulan a prórroga de 60 anos concedida a ENCE polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy. Agora a loita contra a fábrica de celulosa na Ría atópase nun novo escenario, abríndose unha xanela de esperanza a unha nova situación que permitirá recuperar o espazo roubado en Lourizán e a recuperación da Ría para a explotación racional dos recursos marisqueiros e turísticos.

O novo Plan Forestal. Malos antecedentes, pésimas perspectivas

Rubén Vidal Regueiro

Páx. 11-14

O día 24 de febreiro de 2021 o Pleno do Parlamento de Galicia aprobaba, despois dunha tramitación non exenta de polémica, o novo Plan Forestal para Galicia titulado: 1ª Revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”. Este documento vén de substituír, 29 anos despois da súa aprobación, e tras anos de irrelevancia, ao Plan Forestal de Galicia de 1992, que non cumpriu coas súas previsións nin cos seus obxectivos. Neste artigo analízase o novo Plan Forestal de Galicia, partindo dos seus antecedentes, e o que pode supoñer para o futuro do monte galego.

As lagoas costeiras galegas. Diversidade de Hábitats, impacto e incerteza no seu futuro

Alejandro Gómez Pazo, Xosé Lois Otero Pérez e Augusto Pérez Alberti

Páx. 15-17

Os humidais costeiros desempeñan un papel esencial na conservación da biodiversidade, pero tamén no control da calidade das augas de baixa profundidade da costa e como sumidoiros do CO2 atmosférico, funcións estas non sempre recoñecidas. Malia a súa importancia ecosistémica, no contexto global, pero tamén galego, ao longo das últimas décadas asistiuse a unha sistemática destrución dos humidais, retrocedendo estes en máis dun 50% en toda Europa.

Coidando os mares, coidando a vida

Ramsés Pérez e Lucía A. Anido

Páx. 18-20

“Coida os mares, coida a vida” é o nome da campaña que a Área Medio Rural, do Mar e Mocidade, da Deputación de Lugo, levou adiante en colaboración cos concellos de Barreiros e Ribadeo e a asociación ecoloxista ADEGA. O obxectivo foi poñer en valor o respecto pola biodiversidade animal e vexetal do litoral da provincia para poder conservar e utilizar de xeito sustentábel os recursos mariños.

Microplásticos no ecosistema mariño: orixe, impacto e xestión

Mónica Cano Cano, Andrea Rodríguez Montes e Sandra Trigo García

Páx. 21-23

Os hábitos de produción e consumo actuais provocan a acumulación de residuos plásticos nos ecosistemas a un ritmo alarmante. A presenza de microplásticos no medio mariño representa un problema especialmente grave debido ao seu pequeno tamaño e ubicuidade. Estas partículas poden ser facilmente inxeridas pola fauna, ao tempo que absorben e concentran compostos tóxicos presentes na auga circundante, transferíndoos á cadea trófica. Todo isto evidencia a necesidade urxente de atopar solucións eficientes que permitan xestionar a contaminación por microplásticos.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal