Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 12-13 - -
Páx. 37-39
Moitas ericáceas son usadas como arbustos ornamentais, a máis importante delas posiblemente sexa Rhododendron, xénero non autóctono de Galicia pero que pode verse a miúdo cultivado en parques e xardíns. Erica e Calluna son outros xéneros que actualmente están adquirindo unha grande importancia en xardinería.As bagas dalgunhas das especies son comestibles e, por elo, se cultivan nalgunhas partes do mundo. Outras son tóxicas para o home e o gando. A madeira de outras aínda ten importancia en moitos países como combustible ou para ebanistería. En Galicia tivo eses usos no pasado.
Páx. 40-41
O xeógrafo e botánico Hult visitou Galiza no ano 1899 co fin de levar a cabo investigacións xeomorfolóxicas. Nos meses de estancia este profesor finlandés percorreu o país e deixou as súas impresións sobre a nosa Natureza.
Páx. 42-44
Percorrido pola obra literaria do autor, a través de títulos salientables e anacos da súa poesía. Acrecentaremos nesta entrega novas formas da fortísima implicación que todo o relacionado coa natureza posúe na súa obra.
Páx. 45-47
As primeiras previsións sobre o coste do plan de RSU da Xunta para os concellos de A Coruña, Oleiros, Culleredo e Cerceda, fan a súa aplicación máis que difícil. Ditos concellos sufriron impactos de distinto tipo: en Culleredo obsérvase na vista aérea as cicatrices de "servidumes de paso" da metrópole, en Cerceda trala posta en funcionamento da central térmica xa non se observa tanta froita coma antes...
Páx. 48-49
Artigo adicado ás setas, con recomendacións na súa recollida, debuxos e unha serie de libros para complementar coñecementos.
Páx. 50-51
Propóñense unha serie de actividades e reflexións de temática medioambiental, en concreto:- Proxecto "A natureza na cidade", de Mª Xosé Camba e outros- En defensa dos recursos mariños, de Concha Fernández- Trial na "Fervenza do Toxa-Carboeiro", nunca máis, de Lito Andión- A tala controlada sen control, do Movemento Ecoloxista da Limia