Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 67 - O lume: dono...

Primavera 2012

CERNA Nº 67 - O lume: dono dun monte desleixado

Artigos da revista CERNA Nº 67

RECURSOS 67

Ramsés Pérez

Páx. 9

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as as nosas recomendacións desta edición.

A necesidade dunha alianza a prol do noso rural

Xabier Bruña

Páx. 10

Tanto as políticas europeas de desenvolvemento rural como a Xunta de Galicia esqueceron a función social do rural. Neste contexto, catro organizacións – ADEGA, CIG, FAUGA e ORGACCMM – vimos de poñer en marcha as bases dunha rede chamada “Alianza por un rural galego vivo”. Esta alianza comezou a súa andaina en Poio o 21 de Abril de 2012 (día da Terra) cunhas xornadas nas que se analizaron experiencias do desenvolvemento rural. Esta Alianza ten como finalidade logran un medio rural multifuncional e sustentábel , responder todo tipo de agresións e formular novas iniciativas.

Xornadas por un medio rural galego vivo

Belén Rodríguez

Páx. 11-12

Xuntar os esforzos de entidades e particulares que traballan en Galiza pola defensa dun futuro para o medio rural galego foi o obxectivo das “Xornadas por un medio rural galego vivo” celebradas os días 20 e 21 de abril en Pontevedra e Poio, respectivamente.Este propósito quedou reflectido na sinatura dunha “Alianza polo rural” entre ADEGA, a Confederación Sindical Galega (CIG), a Federación Rural Galega (FRUGA) e a Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común (ORGACCMM), presenciada por unhas 200 persoas. A Alianza queda aberta a adhesións doutras entidades que traballen a prol da reactivación do rural, tendo en conta o seu carácter multifuncional (social, ambiental e económico).

I Feira de produtos naturais e artesáns na Eira da Xoana

Marga Miguens

Páx. 14-15

O pasado domingo 18 de Marzo, ADEGA organizou a I Feira de produtos naturais e artesáns na Eira da Xoana (Ramil, Agolada). Ao redor de 500 persoas pasaron unha agradábel xornada de mercado, gozando da contorna e degustando diferentes produtos á vez que aprendían a facer cestos, utensilios de barro ou colonias. Pola tarde realizaronse xogos tradicionais para os máis cativos e unha mesa redonda sobre alimentación para os maiores. Ao final da feira foron sorteadas entre os consumidores tres cestas de produtos ecolóxicos e artesáns cedidos de balde polos produtores.

Sogama e incineración: Un exemplo para O Irixo

Ramón Varela

Páx. 16-17

O Irixo xa foi hai anos punto de mira dunha industria privada, a fábrica de celulosa para aluguer de montes e plantación de eucaliptos polo que foi necesaria a mobilización social de xente da localidade e de fóra para impedir tal atropelo. Agora é un proxecto público, e innecesario, tremendamente custoso e altamente contaminante o que se pretende instalar da man do Goberno galego. Galiza é o Goberno galego teñen que saber que a alternativa aos residuos sólidos é reducir, reciclar, reutilizar e aproveitar os recursos que van no lixo: vidro, papel, plástico,materia orgánica... e sen que existan intereses económicos que tiren forte para instalar unha nova incineradora.

A compostaxe comunitaria: xestión sustentábel dos residuos en zoas urbanas

María Lafuente

Páx. 18

Da horta á mesa, da mesa á esterqueira e da esterqueira á horta. Este é o ciclo lóxico da materia orgánica e tamén da vida. De todos é sabido que a terra precisa de abono, é dicir, de nutrientes que proporcionan fertilidade para que a terra nos agasalle unha manchea de saborosos produtos. En ADEGA temos claro que é imprescindíbel recuperar e compostar todos os residuos orgánicos, por iso puxemos en marcha en 2002 o primeiro programa decompostaxe domestica no concello de Ferrol. Hoxe en día esta práctica está estendida a 43 concellos que puxeron a andar proxectos de compostaxe doméstica coa axuda de ADEGA e instalaron preto de 3.000 composteiros con excelentes resultados en canto a calidade e participación.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal