CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 30-32
Os residuos levan sendo ao longo da historia unha problemática ambiental a nivel global. Isto tamén inclúe Galiza, territorio histórico rural que foi abandonando as prácticas de economía circular, de xeito que se volveu ineficiente na xestión do lixo. Se a metade dos residuos xerados nun fogar son biorresiduos e estes son compostados in situ,temos diante unha oportunidade de éxito asegurado; sempre que os proxectos conten con recursos materiais e humanos e coa imprescindible presenza da figura da mestra/e composteira/o. Este posto de traballo representa unha oportunidade de emprego local e de inclusión social dos colectivos máis vulnerables.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 33-34
Botando unha ollada cara atrás podemos lembrar aquel 2016 no que en Allariz comezamos un ilusionante ecomplexo proxecto co obxectivo de pór en marcha un sistema de recollida separada e compostaxe da materiaorgánica. Hoxe podemos dicir que Concello, veciñanza e sector comercial fixemos importantes avances que napráctica supoñen que case teñamos acadado o obxectivo marcado pola Unión Europea para o 2020 dun 50% detaxa de recuperación. Ao mesmo tempo, isto fainos reflexionar sobre a dificultade de conseguir o 80% posible.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 35-37
A Deputación de Pontevedra vén de poñer en marcha unha liña de plantas de agrocompostaxe, ademais de continuar o traballo en compostaxe domiciliaria e comunitaria iniciado xa en 2015. Outra novidade é que se está a impulsar a creación dun corpo provincial de control e vixilancia de residuos.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 38-39
Por segundo ano consecutivo, a cidade da Coruña aposta polas limpezas ecolóxicas e pola ciencia cidadá a través de limpezas de praias e de ríos para dar un toque de atención sobre a problemática do lixo nos espazos naturais.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 41
O Proxecto Fluviatilis, no que participa ADEGA canda a outras catro entidades conservacionistas do Estado, busca protexer os ríos fronte ao cambio climático mediante solucións baseadas na natureza, así como fomentar actitudes que redunden nunha mellora dos ecosistemas fluviais.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 41-43
Nun mundo onde o turbo-capitalismo acelera cada vez máis cara ao colapso social e ambiental, agroman pouco a pouco grupos de persoas en que tentamos establecer relacións económicas socialmente xustas, ecoloxicamente sostibles e afastadas das leis do capital e dos estados.