Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

A Fontiña das Laxes

Elisa Pérez

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 24

A Fontiña das Laxes é un exemplo de como ese eucaliptal que temos ao lado da casa, de escaso valor e fonte de riscos diversos como os incendios, pode ser transformado nun souto para o seu aproveitamento integral por toda a familia: leña, madeira, castañas, cogomelos, paxaros, sombra, xardín... Relátanolo Elisa Pérez, promotora desta transformación.

A nova praga do castiñeiro

Entrevista a Pedro Mansilla

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 25-26

O Dryocosmus kuriphilus é a nova praga do castiñeiro. Detectouse en maio de 2014 en Galiza e xa está estendida polas catro provincias galegas. Coñécese comunmente como a avespa do castiñeiro e procede de China. Pese á insistencia dos produtores de castaña galegos, polo de agora o Ministerio de Alimentación, Agricultura e Medio Ambiente non autorizou a solta do único parasito capaz de controlar a avespa exótica, o Torymus sinensis, á espera de que se determinen os efectos que estas soltas poderían ter no ambiente galego. A Estación Fitopatolóxica do Areeiro da Deputación de Pontevedra estase a encargar desta investigación. Entrevistamos ao seu director, Pedro Mansilla, para coñecer o impacto desta praga e a evolución do estudo que está a desenvolver sobre o seu control biolóxico.

Persoas, anfibios e enfermidades infecciosas emerxentes

Ramsés Pérez, César Ayres, Moisés Asensi

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 27-29

A propagación de varias enfermidades, denominadas enfermidades infecciosas emerxentes (EIE en diante), destacadamente o fungo quitridio (Batrachochytrium dendrobatidis) e os iridovirus (Ranavirus sp.), ten levado á extinción repentina a numerosas poboacións de anfibios, mesmo en lugares illados e ben preservados. Malia coñecerse relativamente pouco o modo de actuación do fungo quitridio e os iridovirus, é imperativo que toda a sociedade, incluíndo biólogos, investigadores, voluntariado ambiental e amantes da natureza, coñezan esta grave problemática e empreguen procedementos básicos de desinfección, para que se impida a propagación destes axentes patoxénicos durante as actividades e saídas de campo. Esta necesidade de información faise extensiva a outros grupos potenciais de expandir as EIE como poden ser os pescadores deportivos e os afeccionados ás actividades acuáticas. As entidades autoras elaboramos e difundimos este documento con tal propósito.

Análise da situación de conservación dos mamíferos galegos

GEAS

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 30-33

Neste artigo analízase a situación dos plans de xestión existentes en Galicia para a conservación de mamíferos, así como a situación das especies catalogadas que carecen dos mesmos, e das especies que, cumprindo os criterios da IUCN (Unión Internacional para a conservación da Natureza), non se atopan catalogadas. Búscase fomentar o debate sobre a adecuación dos criterios de inclusión no CGEA (Catálogo galego de especies ameazadas) e propoñer medidas de actuación para a conservación dos mamíferos galegos.

O presente das aves ameazadas en Galiza

SGO

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 34-35

En abril de 2014 tivo lugar en Lobios (Ourense) unha xornada técnica na que, convocados pola Sociedade Galega de Ornitoloxía,ornitólogos galegos procedentes de distintos ámbitos (Universidade, Empresa, Administración, ONGs), analizaron asituación da avifauna galega. Partindo dunha fonda preocupación compartida polo estado de conservación das nosas avesmáis senlleiras, o obxectivo era a análise da situación actual das especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas(CGEA), así como do grao de cumprimento desta ferramenta, que desde a súa aprobación en 2007 non serviu parafrear a tendencia negativa destas especies. De feito, a maior parte dos datos achegados á xornada non fan máis que poñerde manifesto a situación de desamparo na que se atopan as nosas aves e, por extensión, o medio natural galego.

A intoxicación por amianto e o desamiantado

Luis Díaz Cabanela

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 36-38

A utilización e comercialización do amianto foi prohibida o 14 de decembro de 2002, pero aínda quedan moitos obxectos, edificios, barcos e vehículos que o conteñen. Neste artigo, o médico e máster en toxicoloxía, Luis Díaz Cabanela, explicará cales son os efectos negativos para a saúde do contacto con este material e como se debe proceder ao desamiantado.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal