CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 24-25
Amaya Sanchez é asistenta técnica da Fundación Biodiversidade no proxecto “Plataforma de custodia do territorio”. Cita: “Na protección da natureza non abonda co traballo da administración pública”
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 27
A Asemblea xeral das Naciones Unidas declarou o 2012 como ano internacional da Enerxía Sustentábel, como forma de compromiso contra o cambio climático e o deterioro ambiental do planeta. A nivel estatal, aprobouse recentemente o Plan de Acción Nacional de las Energías Renovables (PANER) 2011-2020, que prevé que a porcentaxe de enerxía de orixe renovábel na enerxía primaria pase do 10,7% en 2010 até o 17,8% en 2020. Este desenvolvemento centraríase na producción de electricidade (eólica, fotovoltaica, hidroeléctrica, biomasa...) e, en menor medida, no aproveitamento térmico (soltar térmica, xeotérmica, biomasa...).
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 28-29
Desde a súa publicación, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) tivo moi claro que a resolución do 10 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza, pola que se regula o emprego de munición con chumbo, incumpría a Lei 42/ 2007 do Patrimonio Natural e a Biodiversidade , o Instrumento de Ratificación do Acordo sobre a Conservación das Aves Acuáticas Migratorias Afroeuroasiáticas e a Directiva Aves.
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 30-31
En Decembro de 2011 a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro cumpriu un ano de andadura e continúa cunha intensa actividade para acadar o seu obxectivo principal: a protección legal e efectiva para toda a serra. A motivación para a creación deste movemento social foi a ausencia de protección que teñen os numerosos valores ambientais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e socieconómicos que alberga a serra e as continúas agresións que sofren, pese a que en 1978 a parte sur da serra foi declarada Parque Natural do Monte Aloia, o primeiro de Galiza.
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 32-33
O moucho Athene noctua (Linnaeus, 1758) é un pequeno estríxido (Aves: Strigidae) repartido polo centro e sur de Europa, norte de África, Oriente Próximo e sur de Asia. Residente, resulta común na súa extensa area de distribución (Del Hoyo el al., 1999). Repartido por toda a Península Ibérica, falta só de zonas moi montañosas e grandes áreas boscosas. De modo crecente, falta tamén de amplas áreas de Galiza e do Cantábrico, e é escaso nas Baleares (Blas et Muñoz, 2003). A súa población mínima para o período 1998 – 2002 foi case de 40.000 parellas en España, cunha estima previa de 50.000 a 65.000 parellas entre 1975 e 1995 (Purroy, 1997; Blas et Muñoz, 2003).
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 34-35
Aínda que hai que remontarse a 1984 para o primeiro “Inventario de árbores sobresalientes de Galicia”, encargado pola Dirección Xeral do Forestal e do Medio Ambiente Natural da Xunta a unha consultoría madrileña, non sería até 2007 cando se realiza o “Catálogo Galego de Árbores e Formación Senlleiras”, no que se recollen 106 árbores e 21 formación senlleiras e publicado pola Xunta de Galicia nun Anexo do Decreto 67/ 2007publicado no DOG O 22 de marzo de 2007.