Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

Galiza mobilízase de novo contra a vaga eólica e por un modelo enerxético alternativo

Uxía Iglesias / Redacción Cerna

CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica

Páx. 5-8

O 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, e o 11 de decembro, Día das Montañas. Estas dúas datas volveron ser claves ao longo do 2022 na loita contra a invasión eólica en Galiza. O pobo mobilizouse masivamente baixo o lema “Temos alternativa! Por unha enerxía xusta e sustentábel. Por unha enerxía por e para o pobo” nunhas manifestacións convocadas pola Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 200 entidades repartidas por todo o país, entre colectivos e plataformas veciñais, ecoloxistas, culturais e sociais.

Rafa Vilar: “O accidente do Prestige converteuse en catástrofe pola incompetencia do goberno”

Redacción Cerna

CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica

Páx. 22-24

Rafa Vilar (Cee, 1968) é escritor e foi voceiro da xestora nacional do ‘Nunca Máis’, a plataforma que xurdiu para reclamar responsabilidades medioambiental, xudiciais e políticas ante o desastre do petroleiro Prestige fronte as costas galegas. Cando se veñen de facer 20 anos daquela catástrofe que silenciou e tinguiu de negro o mar, Cerna conversa con el sobre a potente resposta cidadá que agromou naquela altura e as vivencias que resoan na memoria colectiva de todo o país.

O bosque de ribeira do río Barcés. Diagnóstico e propostas de actuación

Jaime Fagúndez, Judith Brañes, Yaiza R. Lueje e María J. Servia.

CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica

Páx. 39-42

Os bosques de ribeira teñen unha gran importancia na regulación da dinámica hidrolóxica dos ríos, e serven tamén de indicadores do seu estado ecolóxico. Neste estudo avaliamos o estado do bosque de ribeira do río Barcés, o río que abastece gran parte da auga demandada pola cidade da Coruña. Identificamos os principais impactos que afectan ó bosque e propoñemos medidas de restauración e conservación.

ADEGA no Climate Social Camp de Turín

Lucía A. Anido

CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica

Páx. 34-36

No mes de xullo de 2022, ADEGA foi convidada a participar no Climate Social Camp polo colectivo Ecología Política de Palermo. O festival, promovido por Fridays For Future Turín, foi o punto de encontro de multitude de organizacións e persoas de todas as partes do mundo, e permitiu compartir experiencias en loitas e unha gran cantidade de información.

Comunidade Enerxética de Tameiga: a loita pola soberanía enerxética

Bruno Dutto Acuña e Gonzalo Pérez Vázquez

CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica

Páx. 28-30

Máis de 20 anos xestionando enerxía en forma de biomasa de xeito democrático e sen intereses lucrativos para quentar os fogares de Tameiga conseguiron cambiar a tendencia no uso de combustibles fósiles na parroquia, o que mellorou a pegada de carbono da poboación local. O seguinte paso na soberanía enerxética da nosa veciñanza é o aproveitamento e reparto dos demais recursos enerxéticos existentes no noso territorio: sol e vento. A constitución dunha Comunidade Cidadá de Enerxía dentro da propia CMVMC de Tameiga axudaría a acadar este obxectivo.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal