Inicio / Números anteriores / Supermazás: Un modelo urbano para mellorar a vida nas...
CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal
Páx. 23-25
Desde os primeiros asentamentos humanos ata as actuais urbes, as cidades experimentaron unha infinidade de cambios que responderon ás necesidades propias de cada época. Así, por exemplo, se no Medievo as cidades debían estar amuralladas para protexerse dos ataques exteriores, no século XX deberon adaptarse a esa nova comodidade, que pronto nos venderon como necesidade, chamada “vehículo privado”. No século XXI, deben seguir as cidades consagradas ao coche ou é o momento de que os e as cidadás recuperen o espazo público que este lles arrebatou?