Inicio / Números anteriores / O tratamento do lixo en Galiza: O caso paradigmático de...
CERNA Nº 81 - Emerxencia climática
Páx. 9-11
Non será preciso acudir a Aristóteles nin a Francis Bacon para concluír que o estudo dun caso particular nos aproxima a unha visión xeral, cobrando máis importancia se cabe, na medida en que non se trate dun caso illado. O caso do vertedoiro Grixoa-Miramontes revela o serio problema no noso país para procesar adecuadamente todos os seus residuos. A plataforma de afectados polo vertedoiro de Miramontes traslada a súa propia proposta para afrontar este reto.