Inicio / ADEGA celebra a VII Limpeza simultánea dos areais...
17/10/2018
O vindeiro venres e sábado, 19 e 20 de outubro, terá lugar en Galiza a VII Limpeza simultánea das praias galegas, organizada por ADEGA. O voluntariado ambiental sairá de novo ao litoral galego para recoller residuos que están a facer un grave dano á nosa fauna mariña e á contorna ambiental, pero que tamén acabamos inxerindo as persoas a través da cadea alimentaria. Itziar Díaz, educadora ambiental de ADEGA, dá conta dos detalles da actividade neste espazo de Radio Cerna.