Radio CERNA

Radio CERNA

Inicio / Curtis elimina a protección especial...

21/05/2018

Curtis elimina a protección especial agropecuearia e paisaxística dos seus solos

[00:10:00]   [6.89 MB]

O vindeiro 28 de maio remata o prazo para alegar ás modificacións introducidas polo Concello de Curtis no seu Plan urbanístico xeral. Os cambios eliminan a protección especial de solo rústico agropecuario e de especial valor paisaxístico de toda a súa superficie municipal. Mentres o concello xustifica esta mundanza urbanística na necesidade de reordenar os usos dos solos do municipio a través dun Plan de Cultivos, o Sindicato Labrego Galego advirte que o concello está a poñer en risco a sobrevivencia dos solos con vocación agrogandeira fronte o cultivo de eucaliptos e o asentamento de industrias con grande impacto sobre o territorio.


Descargar
Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal