Radio CERNA

Radio CERNA

Inicio / O BNG tamén quere frear o eucalipto. Os casos de...

26/07/2017

O BNG tamén quere frear o eucalipto. Os casos de Vilagarcía e Bueu.

[00:10:00]   [9.20 MB]

Rematamos a serie de espazos de Radio Cerna dedicados aos concellos galegos "libres de eucalipto" ou que teñen promovido nos últimos tempos accións destinadas a eliminar esta especie foránea do terreo municipal ou a substituíla por especies autóctonas. No espazo de hoxe abordamos a proposta do BNG para declarar Vilagarcía de Arousa libre de eucaliptos e a proposta que esta mesma formación apoiou en Bueu, concello que rexenta, malia ser formulada por outra formación, o Partido Son. O BNG dá conta da resposta recibida do Ministerio e da Comisión Europea ante a petición de incluír o eucalipto nos Catálogos de especies exóticas invasoras.

En resumo, os concellos galegos poden e deben tomar partido na xestión forestal de Galiza e nas políticas de prevención de incendios forestais. Exemplos como os que coñecemos nos últimos días demostran que é posible!


Descargar
Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal