Inicio / "Castiñeiro e Nogueira", pola posta en valor da...
04/04/2013
A asociación Castiñeiro e Nogueira, finalista nos premios da UE en sensibilización no Patrimonio cultural, naceu hai 5 anos co propósito de poñer en valor a montaña de Lugo. Son veciños e veciñas de Becerreá que queren dar a coñecer ao mundo os segredos mellor gardados dos Ancares. Campos de voluntariado, rutas de senderismo, labores de rehabilitación son algunhas das actividades que desenvolven.