Inicio / As Directrices da Paisaxe Galega: protección...
25/01/2017
Aparecen as primeiras reaccións ao documento borrador das Directrices da Paisaxe de Galiza, agora en exposición pública, ata o mes de marzo. Colectivos como O Petón do Lobo, Cova Crea, Arco Iris ou Amigos/as dos Bosques xa as cualificaron de paripé, timo ou instrumento desproteccionista, etc. Critican que non se poña límites ás minas a ceo aberto, aos parques eólicos, ás liñas eléctricas ou á eucaliptización nas novas áreas de especial protección paisaxística.