Inicio / Experiencias sostíbeis no monte galego co porco...
17/06/2015
Varias experiencias que se están a desenvolver no monte galego relacionadas co porco celta están a demostrar que son sustentables desde o punto de vista ambiental, social e económico. Neste espazo descubrimos en que consiste un método innovador de manexo de porco celta nos montes galegos promovido pola Asociación de criadores e produtores de porco celta, Asoporcel. Estas experiencias aparecen recollidas na publicación elaborada dentro da campaña "Cousa de Raíces" titulada "Experiencias sostíbeis no monte galego".