Inicio / ADEGA convoca a V edición dos Concursos polo...
13/05/2015
ADEGA convoca unha nova edición dos Concursos polo Territorio dentro da campaña "Ponte no medio. Móvete polo territorio". Trátase da V edición do certame de fotografía e relato e da IV de curtametraxes. A través destes certames, ADEGA convida á sociedade galega a retratar o territorio por medio da palabra e da imaxe.