Inicio / Expo sobre a morte silenciosa do rural galego
16/03/2015
Trata de poñerlle imaxe e voz ao abandono e morte silenciosa do rural galego. A mostra "Os camiños da brétema", promovida polo colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar e o fotógrafo Vicente Ansola, estará exposta no Museo provincial de Lugo ata finais de mes. A través dela achegarémonos a crúa realidade, pero desde unha perspectiva colorida. María Xosé Fernández do colectivo poético fálanos da raíz, sentido e finalidade desta exposición.