Radio CERNA

Radio CERNA

Inicio / Rinlo e Touriñán, plantas acuícolas ilegais que...

04/03/2015

Rinlo e Touriñán, plantas acuícolas ilegais que pagamos todos!

[00:10:00]   [5.74 MB]

Preto de 2 millóns de euros en indemnizacións ten que pagar a Xunta por aprobar proxectos de acuicultura en espazos de Rede Natura. Unha recente sentenza do Tribunal Supremo obriga á Xunta a indemnizar a Pescanova con case 1 millón de euros polos prexuízos xerados ao dar luz verde a un proxecto ilegal en Cabo Touriñán, espazo de Rede Natura. Este é a segunda vez que a Xustiza bota abaixo unha planta de acuicultura nun espazo protexido, logo de que en 2012 tamén deixase sen efecto o proxecto acuícola de Acuinor, en Rinlo (Ribadeo). A asociación ecoloxista ADEGA advirte que pese a estes precedentes, o goberno de Núñez Feijóo segue teimando en permitir este tipo de instalacións en áreas de máxima protección ambiental, algo que apagamos pagando todos.


Descargar
Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal