Inicio / San Sadurniño, pioneiro na recollida de lixo...
03/12/2014
San Sadurniño será o primeiro concello galego en experimentar coa recollida de lixo porta a porta, coa colaboración de ADEGA. O obxectivo é conseguir recuperar o 80% do lixo dunhas 50 vivendas, fronte o 9,7% que consegue recuperar Sogama. A experiencia comezarase a desenvolver este mes, e se consegue os resultados agardados o concello prevé extender o sistema por todo o municipio.