Radio CERNA

Radio CERNA

Inicio / A patronal pasteira intenta de novo fumigar...

24/09/2014

A patronal pasteira intenta de novo fumigar masivamente o país

[00:10:00]   [5.73 MB]

Desde 2012 non se tivo coñecemento de novos intentos de fumigar masivamente os eucaliptais galegos contra a praga do gorgullo ata agora. ADEGA vén de facer pública a autorización do Ministerio outorgada á Xunta e a patronal pasteira (ASPAPEL) para fumigar 17.500 Ha de territorio cun produto non deseñado para este tipo de praga. O experimento lévase realizando desde o 9 de xuño, sen que a Xunta o fixese público e sen anunciar os riscos que conleva a aplicación deste novo tóxico no ambiente.


Descargar
Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal