Inicio / III Foro de reflexión sobre a custodia do...
17/09/2014
A vindeira semana comeza o III Foro de reflexión sobre a custodia do territorio organizada pola Fundación Fragas do Mandeo. Este programa de actividades conta con charlas e conferencias sobre aspectos a custodiar da comarca As Mariñas-Betanzos, sobre todo referidos á custodia fluvial, así como diversas actividades de voluntariado ambiental. Como novidade, preséntase a celebración da primeira eco-regata polo río Mandeo.