Inicio / Ceibes no monte: o cabalo galego nas aulas
28/07/2014
O IES Terra de Turonio de Gondomar leva anos poñendo en valor o cabalo galego de monte, os cabalos ceibes a través do proxecto educativo "Ceibes no monte". O alumnado converteuse na principal fonte de coñecemento sobre os cabalos do sur pontevedrés que vén de ser recompilado nun libro-DVD no que se analiza esta especie animal de xeito integral. O proxecto recibiu en 2008 o Premio Antón Fraguas do Museo do Pobo Galego.