Radio CERNA

Radio CERNA

Inicio / Cousa de Raíces, campaña pola revalorización do...

11/06/2014

Cousa de Raíces, campaña pola revalorización do bosque galego

[00:10:00]   [5.73 MB]

Este domingo lanzouse a campaña "Cousa de Raíces" en defensa do bosque galego. Máis de 40 colectivos e entidades de diversos eidos (ecoloxista, empresarial, investigación, comunidades de montes, sindicatos, etc.) poñen a andar esta campaña que intentará aglutinar nun esforzo común o traballo de todos os colectivos do país que promovan e potencien as masas de árbores autóctonas. O obxectivo é deter a regresión das escasas masas de árbores autóctonas que quedan en Galiza, dar a coñecer a sociedade os motivos da necesidade de preservalas e facer ás galegas e galegos conscientes de todos os valores fundamentais e oportunidades que obstenta o noso bosque.


Descargar
Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal