Inicio / Cando ver aves en Galiza? A primeira guía de...
31/12/2013
Dous naturalistas galegos elaboran unha completa guía de destinos para a observación de aves en Galiza, segundo as diferentes épocas do ano. A publicación ofrece unha lista de localizacións mes a mes, ademais de interesante información complementaria para os afeizoados a esta actividade, pero tamén para aqueles que se queiran inicar nela. É a primeira guía destas características en todo o Estado.