Inicio / Parón ou carpetazo final á mina de ouro de...
17/10/2013
A mina de Corcoesto sufre outro revés na súa andaina cara a autorización de explotación por parte da Xunta. Segundo a información recollida nos xornais e as insinuacións do propio presidente do goberno, a mina de ouro non supera os requirimentos técnicos e financeiros que se lle esixen pola Xunta. Este anuncio suxeriu varias conxecturas ao respecto do futuro do proxecto. A organización ecoloxista ADEGA mantén que o proxecto de Corcoesto non vai ficar aquí.