Inicio / Quen era Leopoldo López Rego? Homenaxe na Eira da...
26/09/2013
Este sábado, ADEGA celebra a II Homenaxe ás persoas crentes comprometidas co país e coa defensa ambiental de Galiza. A figura homenaxeada será Leopoldo López Rego, home entregado á defensa dos intereses da colectividade fronte os abusos dos poderosos, tamén no eido ambiental. Hoxe en Radio Cerna coñecemos cal foi a implicación de López Rego na loita ambientalista galega.