Inicio / Tímido plan para conservar a píllara das dunas
10/07/2013
A Xunta propón un plan para a conservación da píllara das dunas, unha ave recollida no Catálogo galego de especies ameazadas na categoría de vulnerable. Pese a que o planeamento é de obrigado cumprimento e necesario, segundo os ecoloxistas, estes consideran que é moi mellorable, xa que non ofrece garantías para a recuperación da especie nas dunas galegas.