Inicio / Resistencia ao Plan de recuperación do oso pardo...
10/06/2013
As poboacións das montañas orientais de Lugo resístense a adoptar calquera medida para recuperar o oso pardo en Galiza. Rexeitan o Plan de recuperación do oso pardo impulsado pola Xunta por entender que atenta contra as súas explotacións e xeitos de vida. Pola contra, colectivos ecoloxistas aseguran que este documento non terá graves repercusións para a vida dos locais e, mesmo, que é pouco regulador.