Inicio / II Limpeza simultánea de praias de Galiza
29/05/2013
O vindeiro 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos. ADEGA celebrará esta conmemoración coa II Limpeza simultánea dos areais galegos. Persoas e grupos de persoas interesadas en participar como voluntarias achegaranse ás praias para reivindicar, a través desta acción, a conservación do litoral.