<![CDATA[Podcast Radio Cerna]]> http://adega.gal/web/radiocerna/ gl http://adega.gal/web/radiocerna/images/logo_radio.png <![CDATA[Radio Cerna]]> http://adega.gal/web/radiocerna/ no Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres. <![CDATA[Boletn informativo ambiental 19/06/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1229 Thu, 18 Jun 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 19/06/26 Novo revés xudicial para a Xunta de Galiza na súa política sobre o lobo: desproxeter esta especie podería ser anticonstitucional. A polémica arredor da xestión dos litixios eólicos no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza continúa medrando; e tamén en materia eólica, a Xunta emitiu unha declaración de impacto ambiental desfavorable para o parque eólico Navallos, promovido nos concellos de Castroverde e Baralla. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resta importancia ás advertencias do Icomos sobre os impactos da mina de Touro no Camiño de Santiago. Milleiros de persoas mobilizáronse este domingo na Illa de Arousa para reclamar á Xunta a paralización definitiva dos proxectos de Altri e da mina de Touro-O Pino. Toda isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 12/06/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1228 Thu, 11 Jun 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 12/06/26 Unha mobilización percorrerá o mar e a terra da Illa de Arousa este domingo para esixir a denegación definitiva dos proxectos de Altri e da mina de Touro_O Pino. ADEGA denuncia a destrución dunha zona dunar da praia do Róbalo, en Aguiño, en plena época de cría da píllara das dunas. A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco recibe un importante revés. O Icomos pide anular os permisos da Xunta para a mina de Touro porque ameaza o Camiño de Santiago. Visto e prace do Estado á empresa que construirá a central reversible en Meirama. Isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 05/06/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1227 Thu, 04 Jun 2026 05:59:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 05/06/26 A Fiscalía galega abre dilixencias de investigación polos cambios efectuados nas seccións do TSXG. Tamén nos tribunais, o Supremo estimou os recursos presentados pola Xunta, Greenalia e a Asociación Eólica de Galicia contra a sentenza do TSXG que anulara a autorización do parque eólico Bustelo. ADEGA-Lugo solicita a revisión da Declaración de Impacto Ambiental da liña eléctrica Ludrio–San Cibrao polos seus graves impactos ambientais. Noutra orde de cousas, a Xunta deu luz verde ambiental á instalación dunha nova terminal de almacenamento de betume no porto de Vilagarcía de Arousa, unha decisión que levantou críticas polos seus impactos na ría. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 29/05/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1226 Thu, 28 May 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 29/05/26 A Illa de Arousa acollerá o vindeiro 14 de xuño unha manifestación nacional "pola defensa do Ulla e da ría de Arousa" e contra os proxectos de Altri e da mina de Touro-O Pino. ADEGA presenta alegacións ao informe da Xunta sobre o estado do lobo en Galiza e acusa o Goberno galego de manipular os datos para facer crer que a especie está nunha situación favorábel. Tamén ADEGA alerta de que a planta de biometano prevista na Laracha podería incumprir a lei de residuos e poñer en risco a saúde da veciñanza. E a Coordinadora “Eólica Así Non” presenta unha denuncia na Fiscalía Superior de Galiza para que investigue se puido haber prevaricación no cambio de seccións dos casos relacionados coa enerxía eólica dentro do TSXG. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 22/06/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1225 Fri, 22 May 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 22/06/26 Altri non desiste e presenta alegacións contra o arquivo provisional do seu proxecto de macrocelulosa en Palas de Rei. ADEGA leva ao Tribunal Supremo a destrución patrimonial ocasionada polas obras do parque eólico Acibal. A Xunta de Galiza sitúase á fronte dunha manobra insólita para tentar rebaixar o nivel de protección do lobo en Europa. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 08/05/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1224 Thu, 07 May 2026 06:47:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 08/05/26 Diversas organizacións ecoloxistas convocan para este sábado, 9 de maio, unha concentración na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón con morte autorizado pola Xunta no río Ulla. A Xunta de Galiza pretende reactivar as minas de Corcoesto, San Finx e Santa Comba, e sacar a concurso máis de 100 dereitos mineiros caducados en todo o país. Bateeiros, mariscadoras e mariñeiros de distintos puntos do país concentráronse esta semana ás portas do Parlamento para denunciar a grave crise que atravesa o sector do mar. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 01/05/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1223 Thu, 30 Apr 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 01/05/26 A Xunta inicia a tramitación do novo Plano Sectorial Eólico de Galiza sen marxe para se aprobar nesta lexislatura. Un total de oito entidades convocan unha concentración para o vindeiro sábado 9 na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón. Case tres de cada catro parroquias consideradas de alto risco de incendios en Galiza rexistraron algún lume ao longo de 2025. A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra denuncia a “ocultación” de información por parte da Xunta sobre as verteduras industriais de Ence e o estado ambiental da ría. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 24/04/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1222 Thu, 23 Apr 2026 04:43:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 24/04/26 A Xunta da Galiza non recorrerá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que dá a razón a ADEGA e obriga a recuperar a protección ambiental dos terreos previstos para a celulosa de Altri en Palas de Rei. Ao tempo, a Plataforma Mina Touro-O Pino Non denunciou tamén esta semana unha estratexia “intimidatoria” por parte da Xunta contra a veciñanza e os colectivos que se opoñen á reapertura da mina de cobre na comarca de Arzúa. Diversas entidades ecoloxistas solicitaron á Xunta a suspensión do concurso de pesca do salmón previsto para o 10 de maio no río Ulla, ao considerar que é incompatible coa situación grave da especie. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 17/04/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1221 Thu, 16 Apr 2026 05:22:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 17/04/26 Máis de 2500 sinaturas esíxenlle á Xunta que declare o salmón galego "en perigo de extinción". O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de desestimar o recurso presentado por ADEGA contra a Xunta pola xestión do parque eólico do Acibal, malia recoñecer críticas á actuación da Administración. ADEGA e Mariña Patrimonio alertan do risco inminente que sofren varios bens arqueolóxicos na zona de Parada, en Outeiro de Rei, onde se están a realizar traballos forestais con maquinaria pesada e está prevista a plantación de eucaliptos. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 09/04/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1220 Thu, 09 Apr 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 09/04/26 Galiza entra en abril con incendios forestais en Ponteares e Carballo que prognostican un verán complicado. As industrias galegas emitiron en 2024 máis de 8 toneladas de benceno cerca de lugares moi poboados. ALCOA pretende volver ampliar a balsa de lamas vermellas en Xove sen ter sequera rematado a anterior ampliación. E na costa, as críticas do sector do mar e do ecoloxismo ao proxecto de dragaxe do río Lérez seguen medrando. A Alianza por un Rural Galego Vivo urxe a anular o traslado dos maxistrados e maxistradas do TSXG. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 27/03/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1219 Thu, 26 Mar 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 27/03/26 As plataformas Altri Non, Mina Touro-O Pino Non e En defensa da ría de Arousa impulsan unha recollida de sinaturas pola fin definitiva de Altri e da mina de Touro. Organizacións ecoloxistas piden a dimisión da conselleira Ánxeles Vázquez. O xuíz Luís Villares é apartado da sala do TSXG que trata os proxectos eólicos. O Parlamento galego admite a trámite unha ILP para crear Áreas de Restauración Ecolóxica. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 12/03/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1218 Thu, 12 Mar 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 12/03/26 O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza denega á Xunta autorizar a caza do lobo e mantén paralizadas as batidas previstas en varios concellos galegos. E ao mesmo tempo, a Xunta aumentou nun 42 por cento o diñeiro que destina á Federación Galega de Caza na última década. ADEGA, PDRA, confrarías e organizacións de produtores reclaman ao Ministerio que non licite eólica mariña en Galiza sen concluír a revisión do POEM. O Partido Popular veta no Parlamento unha comisión de investigación sobre o proxecto de Altri. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 06/03/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1217 Thu, 05 Mar 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 06/03/26 O salmón galego atópase en perigo da extinción. Entidades ecoloxistas lanzan unha campaña  de recollida de sinaturas para que así sexa declarado oficialmente por parte da Xunta de Galiza. En materia eólica, o Tribunal Supremo revisa como de xustas son as expropiacións para a implantación de aeroxeradores. E ademais, ADEGA-Lugo vén de presentar alegacións contra o proxecto do parque eólico Ferroedo, previsto nos concellos de Bóveda e O Saviñao. Noutra orde de cousas, a delegación coruñesa da asociación fixo pública unha carta aberta dirixida á organización do Wake Up Festival, evento de música electrónica con altos impactos ambientais no Parque de Bens, na Coruña. <![CDATA[Rolda de Prensa - Medio Ambiente retirou ilegalmente a proteccin dun territorio para favorecer a Altri]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1216 Fri, 27 Feb 2026 02:05:00 +0200 no Rolda de Prensa - Medio Ambiente retirou ilegalmente a proteccin dun territorio para favorecer a Altri Rolda de prensa desenvolvida o 27 de febreiro de 2026 para dar conta da valoración de ADEGA a respecto da recente sentenza do TSXG favorable ao recurso de ADEGA contra a retirada da zona de afectación de Altri do mapa da Infraestrutura Verde de Galicia por parte da Xunta de Galiza. <![CDATA[Boletn informativo ambiental 27/02/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1215 Thu, 26 Feb 2026 05:28:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 27/02/26 Ante o anuncio de arquivo do proxecto industrial de Altri por parte da Xunta, a coordinadora "Altri Non" celebra a vitoria do pobo galego e advirte que aínda queda o golpe de graza. Chama á sociedade galega a non baixar a garda ante a posibilidade dun “arquivo en falso” que permita no futuro reactivar o proxecto. A organización ecoloxista ADEGA vén de presentar alegacións ao Proxecto de Interese Autonómico para a construción de vivenda no barrio do Sagrado Corazón, en Lugo. O primeiro estudo científico sobre o temporal de comezo de ano confirma que o cambio climático aumentou a intensidade das chuvias torrenciais en Galiza. Todo isto e máis, en Radio Cerna!  <![CDATA[Boletn informativo ambiental 20/02/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1214 Thu, 19 Feb 2026 10:46:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 20/02/26 Galiza está a perder entre 2,8 e 5 millóns de toneladas de solo ao ano pola falta de actuación das administracións tras os incendios forestais. Ratificada a extinción definitiva de Impulsa Galicia, a empresa coa que a Xunta promoveu o proxecto de Altri. A Xunta frea a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica de declarar a anguía en perigo de extinción e prohibir a súa pesca, malia admitir o seu declive. Fito histórico na defensa ambiental en Galiza: o Tribunal Supremo ratifica de forma definitiva a condena á Xunta e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil por inacción ante a contaminación do encoro das Conchas. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 13/02/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1213 Thu, 12 Feb 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 13/02/26 A poboación galega respira unha proporción maior de substancias contaminantes ca o resto do Estado. ADEGA denuncia o abandono institucional da Torre de Torés, no Concello das Nogais, declarada Ben de Interese Cultural. Un proxecto eólico na Terra Chá pon en risco a única poboación reprodutora de mazarico real na Península Ibérica. A Serra do Xistral pasa a fomar parte dunha exclusiva rede internacional de paisaxes emblemáticas e convértese así nun laboratorio vivo para buscar solucións fronte ao cambio climático. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 06/02/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1212 Thu, 05 Feb 2026 05:48:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 06/02/26 O futuro do mar galego volve ao debate coa apertura do proceso para poxar a eólica mariña fronte ás súas costas. Entidades ecoloxistas solicitan á Xunta de Galiza que se declare o salmón atlántico como “en perigo de extinción”. A rotura doutra balsa mineira no Monte Neme pon de novo o foco sobre as hipotecas ambientais da minaría “sustentábel” que promove a Xunta. Novo intento para instalar eólicos na Serra da Groba, a última gran serra litoral galega libre de muíños. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletn informativo ambiental 30/01/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1211 Thu, 29 Jan 2026 06:49:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 30/01/26 A Xunta de Galiza pide ao Tribunal Superior de Xustiza que levante a suspensión cautelar da caza do lobo, un movemento que ADEGA interpreta como cortina de fume para tapar as súas políticas regresivas no rural. Doutra banda, o proxecto de central de bombeo de Meirama poñería en risco a auga potábel da Coruña. E outro proxecto, neste caso mineiro, prevé a explotación de caolín durante un período de 30 anos no concello coruñés de Laxe, con dúas minas a ceo aberto. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acordou a paralización cautelar do parque eólico Patiñeiro, promovido por Naturgy Renovables no concello de Vimianzo, ao apreciar risco de danos ambientais irreparables. Todo isto e máis, en Radio Cerna!  <![CDATA[Boletn informativo ambiental 22/01/26]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1210 Thu, 22 Jan 2026 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletn informativo ambiental 22/01/26 A Fiscalía investiga unha canteira en Lugo por ocupar ata dez veces máis terreo do autorizado. ADEGA denuncia a fragmentación ilegal dun macroproxecto de biometano en Curtis e alerta de que é ambiental e economicamente inviable. En materia de residuos, a asociación considera un paso atrás a incorporación da Mancomunidade Serra do Barbanza a SOGAMA. O Parlamento Europeo decide paralizar o acordo de libre comercio entre a Unión Europea e Mercosur. Todo isto e máis, en Radio Cerna.