Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

25/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Grupo Naturalista Hábitat: conservar a través da ciencia

Neste espazo coñeremos ao grupo naturalista Hábitat. O presidente de Hábitat contaranos que tipo de actividades realiza no plano activista, divulgativo ou formativo. Tamén nos falará dos "Encontros naturalistas" que organiza Hábitat cada mes.

24/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Primavera ambiental da Universidade da Coruña 2013

A Universidade da Coruña e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizan a Primavera ambienta da UDC 2013 co obxectivo de concienciar e sensibilizar a comunidade universitaria no coidado medioambiental.

23/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Salvar a enseada da Malata. Non ao viaduto.

O Ministerio de Medio Ambiente emitiu unha declaración de impacto ambiental favorable ao trazado sur do tren ao porto exterior de Ferrol. Sen embargo, colectivos veciñais, sociais e ecoloxistas advirten de que este trazado polo sur é o mái impactante de todos xa que significaría a sentenza de morte da Enseada da Malata.

22/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

A primeira charca con vida de ADEGA

Dentro do recentemente inaugurado programa de voluntariado ambiental de ADEGA, "Charcas con Vida", o colectivo crea unha charca didáctica na Eira da Xoana (Ramil- Agolada). O experimento resultou exitoso e pretende ser a primeira charca creada de varias que emerxerán noutros lugares de Galiza.

19/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 19/04/13

Escoita este espazo de información para enterarte do que sucede co medio natural galego. Todas as novas ambientais máis relevantes da última semana en Galiza, atoparalas aquí.

18/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Conservar o solo. Unha necesidade urxente.

A nova presidenta da delegación galega da Sociedade Espola da Ciencia do Solo fálanos da importancia do solo  ("o eterno esquecido") e da necesidade da súa conservación. Tamén nos contará cal é o papel da SECS.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal