30/05/2013 [] [5.74 MB]
O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid aproba as instalacións de Reganosa na ría de Ferrol sen a preceptiva Declaración de Impacto ambiental. Dez anos houbo que agardar a que a xustiza se pronunciase sobre a legalidade de Reganosa. Agora o Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol (CCE) presentará un recurso de casación que elevará ao Supremo para que sexa este quen decida se Reganos é ou non é ilegal.
29/05/2013 [00:10:00] [5.75 MB]
O vindeiro 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos. ADEGA celebrará esta conmemoración coa II Limpeza simultánea dos areais galegos. Persoas e grupos de persoas interesadas en participar como voluntarias achegaranse ás praias para reivindicar, a través desta acción, a conservación do litoral.
28/05/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
A pasada semana, A Fonsagrada acolleu unha charla organizada polo BNG local coa participación de ADEGA e a FRUGA para explicar a poboación cales son as consecuencias para as poboacións locais dos proxectos mineiros "estratéxicos" ou dirixidos á explotación de ouro e outros minerais metálicos moi devecidos, hoxe en día, pola industria da electrónica. A Fonsagrada, xunto cos concellos de Baleira, Becerreá e Baralla, están a a ser obxecto de exploración na busca de ouro por parte da multinacional Golquest Ibérica.
27/05/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Unha delegación galega de colectivos sociais e ecoloxistas desprázanse a Bruxelas, convidados polos Verdes-ALE e Ana Miranda (BNG) para amosar a súa repulsa á megaminaría contaminante. Os galegos e galegas pedíronlle ao Parlamento Galego que restrixise este tipo de explotacións polo seu impacto ambiental, económico e social.
24/05/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece as novas ambientais máis destacadas desta semana en Galiza, neste espazo CERNA que promove a entidade ecoloxista ADEGA.
23/05/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Un modelo colonial da minaría é o que, segundo colectivos sociais e ecoloxistas, pretende facer o goberno da Xunta coa aprobación do Plan Galego da Minaría. Este documento, non aprobado aínda, permite a explotación mineira en calquera solo e recuncho de Galiza. ADEGA explícanos as súas impresións deste planeamento.