Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

03/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

A proposta educativa do CEIDA para este curso

O CEIDA ou Centro de Extentensión universitaria  e divulgación ambiental de Galicia presenta o seu programa para o curso 2013-2014. Rutas, exposicións e actividades con nenos e nenas ao aire libre, son algunhas das súas propostas.

02/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

A bicicleta en Galiza, como recurso empresarial

Non é só un medio de transporte ecolóxico, tamén é un medio de vida. A bicicleta é a materia prima de varias iniciativas empresarias galegas, das que hoxe coñecemos dúas. Cyclowood, dedicados á fabricación de bicis exclusivas de madeira, e Velaivai, que promove o servizo de reparto e mensaxería usando o pedal.

01/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Guía para superar a escaseza do petróleo

Xa superamos o pico ou teito do petróleo (peak oil) e ninguén nos está a advertir de como superar a escaseza de petróleo. É urxente tomar medidas para que o colapso enerxético non sexa inasumiblemente drástico. Por iso a Asociación Véspera de Nada está traballando desde hai anos nunha "Guía para o descenso enerxético" que agora quere publicar e distribuír. Está a pedir apoios a través da plataforma Verkami de crowdfunding online.

30/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Informe CCOO: 23 anos de lumes en cifras

O sindicato Comisións Obreiras publica un informe no que dá analiza os lumes dos últimos 23 anos en Galiza, para dar conta do que supoñen para a perda de erritorio e para a nosa economía. Os datos son reveladores...

27/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 27/09/13

Repasamos as novas da semana no ámbito ambiental galego. Coñece o que pasou co teu ambiente nos últimos días en tan só 10 minutos...

26/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Quen era Leopoldo López Rego? Homenaxe na Eira da Xoana.

Este sábado, ADEGA celebra a II Homenaxe ás persoas crentes comprometidas co país e coa defensa ambiental de Galiza. A figura homenaxeada será Leopoldo López Rego, home entregado á defensa dos intereses da colectividade fronte os abusos dos poderosos, tamén no eido ambiental. Hoxe en Radio Cerna coñecemos cal foi a implicación de López Rego na loita ambientalista galega.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal