Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

21/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Que é a castañicultura ecolóxica?

No programa de hoxe coñecemos o que é a castañicultura ecolóxica. As diferenzas entre un souto ecolóxico e outro convencional, as pecualiaridades do seu manexo e como obter o selo do consello regulador. Sobre todos estes contidos versará o curso de castañicultura ecolóxica que comeza hoxe no centro Agronovo Ecoloxía de Lugo.

18/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 18/10/13

As novas ambientais máis destacadas da última semana ao teu alcance, neste programa Cerna! En poucos minutos enteraraste da actualidade ambiental do país.

17/10/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Parón ou carpetazo final á mina de ouro de Corcoesto?

A mina de Corcoesto sufre outro revés na súa andaina cara a autorización de explotación por parte da Xunta. Segundo a información recollida nos xornais e as insinuacións do propio presidente do goberno, a mina de ouro non supera os requirimentos técnicos e financeiros que se lle esixen pola Xunta. Este anuncio suxeriu varias conxecturas ao respecto do futuro do proxecto. A organización ecoloxista ADEGA mantén que o proxecto de Corcoesto non vai ficar aquí.

16/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Recuperando charcas antigas no Bierzo

Esta fin de semana, o proxecto Charcas con Vida de ADEGA trasladarase á veciña comarca do Bierzo. O obxectivo será recuperar charcas contruídas polo home que, ao longo do tempo, fóronse convertindo en refuxio de moita biodiversidade, e que hoxe en día están colmatadas. Devolver a vida a esas charcas é o reto.

15/10/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

A Xunta leva 5 anos promovendo a caza ilegal nos humidais protexidos

Desde o ano 2008 está vixente unha resolución da Xunta que permite cazar con munición de chumbo en humidais protexidos, algo que vai en contra da lexislación estatal, que prohíbe expresamente esta actuación. Pese aos intentos dos colectivos ecoloxistas, nomeadamente da SGHN, por instar aos distintos gobernos da Xunta para derrogar esa resolución, a día de hoxe aínda se está a aplicar. Recentemente, o Tribunal Constitucional tamén condenou o incumprimento desta normativa.

14/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Crónica dun varamento masivo

É un dos varamentos masivos de cetáceos que ten acontecido, non só nas costas galegas, senón tamén españolas. A pasada semana, 22 caldeiróns varamban na praia de Arealonga do Vicedo, na Ría do Barqueiro, facendo saltar todas as alarmas e vontades. Un dos membros do equipo da CEMMA (coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños) relátanos in situ como se viviron esas xornadas de rescate.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal