Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

29/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Cooperativas de enerxía verde: Som Energia

Novas formas de producir e consumir enerxía están a aparecer no país. Unha delas é "Som Energia", cooperativa que produce e comercializa enerxía con certificado verde en gran parte do Estado. Mañá coñeceremos outra experiencia similar pero só de ámbito galego, chamada "Nosa Enerxía".

28/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Lexislación ambiental: a Reforma eléctrica

A profesora en dereito ambiental na USC, Alba Nogueira, explicaranos os cambios máis destacados que se establecen a través dos dous últimos decretos do goberno español destinados a regular a "sustentabilidade" do sector eléctrico, e que non convencen nin ás produtores eléctricas nin aos consumidores de enerxía.

24/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Como preservar a memoria do Territorio

Ana Filgueiras é arqueóloga, etnógrafa e antropóloga. Como profesional, intenta trasladar todas estas disciplinas ao desenvolvemento urbanístico para preservar o que se chama a "Memoria do Territorio". Desafortunadamente, este respecto pola memoria territorial é pouco habitual no eido urbanístico galego, pero é necesario. Hoxe descubrimos con ela como debemos evitar a fraxilidade da memoria territorial.

24/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 25/10/13

Escoita este boletín informativo onde recollemos as novas da última semana máis destacadas do medio ambiente galego.

23/10/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Xornadas Mouras sobre experiencias en Etnografía

A etnografía en Galiza será o tema arredor do que xiren a V edición das Xornadas Mouras, organizadas pola Plataforma en defensa do patrimonio das Pontes e polo Museo etnográfico de Caxado. Neste encontro relataranse as experiencias dos centros museísticos etnográficos do Eume, Ortegal e Grandas de Salime. Tamén contarán cos relatorios de especialistas como Felipe Senén ou Ana Filgueiras.

22/10/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Proxecto Soutos: un pulo á industria galega da castaña

Nace en 2010 para potenciar a produción da castaña galega para a industria da castaña en fresco e conxelada. Promovido pola empresa Alibós, este proxecto pon a producir de xeito sostible máis de 200 hectáreas de soutos abandonados na provincia de Lugo. O obxectivo: recuperar a función destes soutos e dotalos dunha viabilidade empresarial.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal