18/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
A Rede de avogados para a defensa ambiental, RADA, creouse co obxectivo de poñer en valor o labor dos letrados ambientalistas e das causas de defensa ambiental ante os tribunais. As leis ambientais xa son de "terceira" e nin tan sequera as propias Administracións cumpren coas leis que elas mesmas crean. Montserrat Valencia descríbenos o panorama co que se atopan actualmente os defensores xurídicos da natureza.
15/11/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
As reaccións ante a setenza do Prestige non se fixeron agardar. Recollemos algunhas testemuñas ás portas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza momentos posteriores á lectura do fallo. Neste espazo Cerna podédelas escoitar.
14/11/2013 [00:10:00] [5.75 MB]
Escoita un resumo da sentenza do Prestige lida onte no TSXG. O fallo resultou sorprendente para a maioría dos presentes, sobre todo, para o colectivo social e ecoloxista que se concentraba ás portas do Tribunal. Neste espazo traladamos parte da sentenza na voz do xuíz Luis Aláez. Xulga por ti mesmo/a!
13/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
ADEGA organiza o I Foro Europeo sobre residuos de Galiza os días 22 e 23 de novembro no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Baixo o título "Cara a unha sociedade da reciclaxe. Iniciativas e experiencias", ADEGA traerá relatores de varias localidades europeas nas que se están a xestionar os residuos urbanos sen botar man da incineración, e cun notable éxito. O Foro tratará de abrir novos camiños para que estes modelos de xestión baseados na reciclaxe e na compostaxe teñan tamén cabida en Galiza.
12/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Unha tese doutoral, realizada por Encarna Garrido, entre 2006 e 2008, indica que a causa principal da desaparición das abellas en Galiza é o mal uso que se fai dos tratamentos contra o parásito da varroa, e non tanto a aplicación de agrotóxicos, como o fipronil. Se queres coñecer máis afondo as conclusións deste estudo, escoita este espazo.
11/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Nace o movemento de voluntariado SOS Monte Pindo para recuperar e rexenerar este espazo natural protexido. Está promovido pola asociación Monte Pindo Parque Natural en resposta á falta de medios e recursos dispostos polo goberno galego para atallar os prexuízos inmediatos do lume (riadas, escorrentías, etc.) e a erosión do solo e perda de biodiversidade.